4. Curso Baixo

4. Curso Baixo

Última actualización de en Daniel Peña Albores


 Chegados a este punto podo comparar a conclusión sobre o meu proceso de aprendizaxe e traballo desta materia, debo falar sobre o curso baixo, o lugar onde o río remata o seu recorrido. Esta etapa da miña tarefa nesta Rede Social é como a desembocadura dun río, ó lugar onde remata o canle deixando en min as ideas e conceptos sobre os que fun reflexionando no Curso Medio: os blogs, os arquivos, os tweets e os favoritos. Neste punto do meu río metafórico de coñecemento a auga (ideas) móvense a menor velocidade e o seu canle é moi amplo. Sen embargo, ó igual que nos ríos como accidentes xeográficos podo concluír este proceso de dous xeitos: o modo Delta, onde o terreo formado por material queda acumulado polo río en contacto co mar sen máis; e o modo Estuario, o lugar onde o río entra en contacto co mar, onde o mar penetra na desembocadura grazas a fortes mareas e move os materiais sedimentados.

 Respecto o modo Delta podo indicar, como xa expuxen noutras partes do traballo, estou realmente co traballo realizado nesta web. Considero que todos os aspectos que tratei durante o a miña labor como futuro profesional. Debo destacar que as ideas que me quedaron máis claras foron a de identidade, vocación, as etapas da formación do profesorado, os paradoxos e perplexidades da labor docente e a responsabilidade que deben asumir os profesionais da educación para chegar a prosperar dentro dos distintos contextos. A maioría destes conceptos eran descoñecidos para min antes de cursar esta asignatura, nalgúns nin sequera caería na conta de non ser pola eficaz organización de contidos da nosa docente, como cando un río se atopa con cousas imprevistas grazas a elementos externos como o vento e as precipitacións. Considero que coas miñas aportacións, principalmente as entradas ó blog, demostrei que reflexionei sobre estas temáticas. Ademais, con esta metodoloxía de traballo, tiven a oportunidade de traballar temas que, na miña opinión, son relevantes no marco contextual no que nos movemos, como son a defensa da educación na rúa ou o tipo de axentes que nos atopamos no actual sistema educativo. Engadir que, no meu traballo persoal, procurei ser eu mesmo en todo momento polo que enfoquei as miñas tarefas na Rede Social Stellae como tal. As entradas que realicei foron todas, exceptuando o traballo do grupo “Retos Stellae 2.0” e unha entrada que fixen en conxunto con Fernando, enfocadas de xeito individual e persoal, realmente houbo momentos nos que cheguei a ser moi subxectivo. A única autocrítica que fago respecto ó desenvolvemento desta tarefa e a tardía iniciación nela, debido a problemas principalmente de acceso a propia web, e a falta de concentración dos aspectos que se estaban recollendo en clase. No momento no que conseguín acceder a web e me centrei en profundizar en temáticas que fixeran referencia, tanto o visto en clase como a elección propias, o meu traballo tivo certa continuidade.

 En canto ó modelo de Estuario, fago referencia ó mar como a realidade na que nos vamos introducir ó rematar o noso proceso de formación na Universidade. Entendo que o mar e as súas fortes mareas son os novos problemas, temas e necesidades que chegan a nós despois de asimilar os conceptos primordiais e básicos. Partindo disto, ó igual que as demais disciplinas educativas, debemos continuar formándonos para saber reflexionar sobre estes novos temas, solucionar os problemas que van xurdindo e satisfacer as necesidades que podan aparecer. Realmente nunca será suficiente o coñecemento que incorporamos a nosa labor como profesionais, non nós podemos quedar aquí, debemos seguir adiante con este proceso para adaptarnos o mundo no que vivimos. Persoalmente, continuarei meditando sobre os aspectos vistos en clase e sobre todo aquilo que garde relación con isto e me resulte significativo.

 Para rematar está conclusión con un pouco de auga doce, como xa indiquei na conclusión do meu grupo de clase e retomando o dito anteriormente, considero a materia como un foco de aprendizaxe imprescindible para os profesionais que vaian intervir tanto no amplo marco da educación, como no contexto concreto do ámbito escolar. Debemos loitar por unha educación de calidade para que todos obtemos as mesmas oportunidades. Ademais, debo agradecerlle como fixen o ano pasado coa docente Adriana Gewer Barujel, a Lourdes Montero Mesa que nos dese a oportunidade de traballar nesta Rede Social para desenvolver e completar o noso proceso formativo e a creación dun entorno de traballo durante as clases, tanto expositivas como interactivas, onde existiu un clima positivo e onde puidemos compartir tamén as nosas ideas nos diferentes debates que foron xurdindo. Remato entón, sen esquecerme, por suposto, de agradecerlles os meus compañeiros e compañeiras, tanto do grupo “Retos Stellae 2.0” como do grupo – clase que expuxesen as súas ideas e reflexión, na aula e no Stellae, para así incrementar o caudal do meu río. 


Imaxe para o Curso Baixo


PD. A bibliografía atópase citada debaixo en cada un dos apartados nos que se utilizará. Saúdos.