P4. A Breve Conclusión

P4. A Breve Conclusión

Última actualización de en Javier Ivan Rico Freije

                                               image

Creo que debo dicir que grazas a cursar esta materia comprendo moitísimos máis cousas sobre a formación dos nosos docentes. Así como os seus puntos febles e os posibles aspectos a mellorar, a formación do profesorado como clave para a mellora do nosos sistema, fontes de información que antes nunca ou case nunca utilizar, etc.

Tamén é moi importante o descubrimento da miña posible labor como formador e un coñecemento máis preciso sobre o ámbito da formación do profesorado, aspectos dos que tiña unha idea moi difusa antes de cursar esta materia.

Mediante  esta materia perfeccionei a habilidade para procurar, seleccionar, usar e criticar e avaliar información procedente de diversas fontes, tales como artigos, informes, noticias, decretos, leis, etc. todos estes documentos con os que debemos de familiarizarnos como futuros educadores.

Achegámonos máis ca nunca a profesión docente, as motivacións da mesma, os obstáculos con os que esta loita, as súas condicións e a influencia da sociedade na mesma.

A parte disto tamén desenvolvemos, ademais da nosa capacidade de traballo individual, as nosas capacidades de traballo en grupo mediante as discusións e blogs dos nosos respectivos grupos.

                                                                 image

                                                     image