E)Conclusión

E)Conclusión

Última actualización de en Álvaro Conde Debén

Xa por último, sen ter en conta o apartado de bibliografía utilizada nesta materia, centrareime en realizar unha conclusión acerca do que foi para min cursar esta materia.

Destacar, que xa puxen moito do que pensaba acerca disto nas entradas de No es un adios, es un hasta pronto e Conclusión de grupo. Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado (http://stellae.usc.es/red/blog/view/51387/conclusin-de-grupo-formacin-e-desenvolvemento-do-profesorado), polo que non creo que poida decir moitas mais cousas novidosas aparte do dito nestes documentos.

En primeiro lugar, creo que é necesario agradecerlle enormemente tanto a Lourdes Montero, como ao resto de compoñentes do Grupo de investigación Stellae, esta oportunidade de participar nun proxecto tan ambicioso como é o desta rede social.

En canto ao traballo levado a cabo durante todo o cuatrimeste en “Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado” o único que podo dicir é que realmente me serviu de gran axuda, tanto a min como aos meus compañeiros, sobre todo a aqueles que temos pensado dedicarnos ao eido “formativo” ou educativo no noso futuro. Gracias a esta materia, resolvín numerosas dúbidas ademais de adquirir novos puntos de vista, recibir unha maior formación... acerca de numerosas temáticas como pode ser: vocación, identidade do profesorado, formación incial e permanente, sociedade líquida... Ademais, nesta materia traballamos diversos contidos de actualidade como poden ser o caso da LOMCE ou das protestas en Baleares que, tras o seu análise e debate na aula, servime para poder posicionarme, xa que penso que debemos ter unha comprensión global do problema ou cuestión para poder opinar acerca dela.

Por outra banda, tal e como xa dixen na introdución e nos artigos mostrados neste apartado, unha das cousas que mais me gustou no transcurso desta materia e que me levo para sempre é a posibilidade dun cambio metodolóxico no ámbito educativo tal e como vimos nesta materia a través do traballo na rede social Stellae. Este pareceme un  aspecto moi a ter en conta, xa que se esta práctica se extendera nun futuro, creo que poderíamos resolver moitos dos problemas existentes no ámbito educativo na actualidade como pode ser a falta de motivación do alumnado, a materia pendiente de moitos docentes na actualidade... Ademais, tal e como indicaban algúns dos textos analizados e traballados nesta materia, debemos fomentar unha actidude de orientador ou de guía entre o profesorado. Que sexan os propios alumnos os protagonistas da súa formación a través da construción dos seus propios saberes ou coñecementos. Esta sería a metodoloxía mais eficaz para mín. Por exemplo, os alumnos deixarían de aburrirse na aula xa que estarían traballando en todo momento. As súas actitudes cambiarían xa que de él dependerá a súa formación...

Por outra bando, coido que debemos de resaltar o traballo levado en grupo. En primeiro lugar, debo dicir que o grupo co cal traballei nesta materia, xa é un grupo consolidado, no que nos entendemos a perfección, e por encima de todo, atópase a nosa amizade, o que fai que a nosa actividade mellore de forma ben visible. Debo resaltar, que dende o meu punto de vista, este é o método axeitado de traballo, intercalando o traballo individual co colectivo, xa que desta forma sacaremos o mellor de cada individuo sexa dunha ou doutra forma.

Xa por último neste traballo, gustaríame dicir que non sei se volverei a traballar nesta plataforma pero reitero os meus agradecementos a todo o equipo que está detrás deste portal, xa que grazas a eles lévome moitas ideas, coñecementos, novas metodoloxías... que coido que me poden servir nun futuro non moi lonxano.