CAPÍTULO 1. PORTAFOLIOS

CAPÍTULO 1. PORTAFOLIOS

Última actualización de en Mónica Vanesa Rodríguez Hermida

portafolio.png

Portafolios

As miñas ideas previas sobre o portafolios non eran moitas, máis ben, ata onde sabía, pensei que sempre tiña que ser algo físico e tanxible, e tiña que recoller o realizado durante todo o curso, todos os traballos e algunha reflexión. Pero non sabía que incluía o diario, e outras moitas cousas.

Algunhas das definicións de portafolios son:

"Unha recopilación de evidencias (documentos diversos, viñetas, artículos, prensa, publicidade, programas, traballos, artigos, páxinas web, notas de campo, diario, relatos, etc.), considerados de interese para ser gardados polos significados con eles contruidos" (Montero, 2002).

"Un portafolio didáctico é a historia documental estructurada dun conxunto (cuidadosamente seleccionado) de desempeños que recibiron unha preparación ou titoría e adoptan a forma das mostras de traballo dun estudante que só alcanza realización plena na escritura reflexiva, a deliberación e a conversación" (Shulman en Lyons, 1999:18). 

Pero non todos os portafolios son impresos, nin físicos, nin tanxibles, de feito, o que eu farei será un portafolio electrónico:

portafolio electrónico.gif

Portafolios electrónico "é unha colección de artigos dixitais (ideas, probas, reflexións, comentarios, etc.) que se presentan como evidencias de aprendizaxe e/ou capacidade dunha persoa" (Sutherland y Powell, 2007). "Un enfrontamento coa auto-responsabilidade no proceso de aprendizaxe" (unha alumna do 2003).


Ten unha dobre función:

  • Recoller e reflexar as experiencias significativas dunha persoa (estudante, profesional, traballador...) de forma continuada.
  • Informar de forma clara sobre o nivel de competencias e de outras experiencias importantes ó longo do seu aprendizaxe ou da súa carreira.

Tipos de portafolios: non hai unha única maneira de entender os portafolios, a súa definición depende da concepción de ensinanza, aprendizaxe, avaliación e coñecemento.


Estructura ideal:

  • Entradas de diario, blog, notas de campo.
  • Inventos, deseños. 
  • Vídeos.
  • Solucións de problemas.
  • Exámenes, tests.
  • Experimentos de laboratorio.
  • Mapas.
  • Fotos.
  • Bibliografía e webgrafía.
  • Traballos.
 
 

Fases da realización do portafolios:

  • Recopilar, seleccionar, articular.
  • Describir, sistematizar, contextualizar.
  • Profundizar, construir, valorar.
  • Replantexar, transformar, e emprender.

Adaptado de Cano (2005)

Clase 25/09/13 Portafolios

Un día en clase, estivemos a falar dos portafolios, vimos as definicións xa mencionadas. Con elas deime conta, que evidentemente non hai unha única definición, nin unha única opción de entender os portafolios, de modo que, con case calquer elemento podes enriquecer ese portafolios, desde un diario ata enlaces ou cousas que che fagan reflexionar ou que ti consideres oportuno, sempre e cando expliques o porqué. Quédome cas palabras de continuidade e compromiso, xa que aínda que non escribas todos os días, non significa que non esteas continuamente buscando cousas sobre o asesoramento.

Gústame o feito de que non se avalie todo simplemente cun "exame" ou "proba", xa que considero que poden afectar moitos factores nun día: como o estrés, un mal día, situacións complicadas... E o avaliar unha continuidade podes ver a implicación, o seguimento, e o traballo ó longo dun tempo; de modo que vou intentar reflexionar sobre cuestións que poidamos tratar tanto nesta como noutras asignaturas, e buscar información e enlaces relacionados co asesoramento.