CAPÍTULO 2. ASESORAMENTO, ORIENTACIÓN E MODELOS DE ORIENTACIÓN

asesoramento.jpg

¿De ónde veño?

Partindo dos coñecementos previos sobre o asesoramento, desatacarei que na materia na que máis traballamos sobre o asesoramento foi en Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica. Nela vimos que hai dous tipos de asesoramento: un que o consideramos "máis grande" xa que abarca moitas cousas, e outra forma de entendelo sería "asesorar" como unha función do asesoramento xa mencionado.

Nace na LGE, pero nun principio os fins eran máis segregadores, agora recentemente adopta as modificacións e melloras realizadas na LOXSE, onde ten unha perspectiva máis centrada no constructivismo.

Nesta asignatura xa mencionada, Lucía Andrade Arias, Cristina Barrientos Canay, Violeta Lado Martínez, Cristina Rey Viaño e eu (Mónica Vanesa Rodríguez Hermida) elaboramos o informe síntese adxuntado neste documento, no que consideramos oportuno comezar definindo o asesoramento e a orientación.

 

Informe-sintesis Modelos.pdf


O asesoramento ten como obxectivos fundamentais: a zona de desarrollo institucional, a autonomía no proceso de ensinanza-aprendizaxe tanto de alumnos como de profesores e a individualización da ensinanza. E o asesoramento actúa en diferentes ámbitos que son: curricular (a través da colaboración e asesoramento na elaboración do documentos como o PCC (Proxecto Curricular de Centro), PA (Programacións Anuais) e as UD (Unidades Didácticas)) e o contextual coa familia, alumno, centro e coa comunidade.

O asesor/a poderá situarse dentro, fóra ou combinado (é dicir, unha combinación das dúas anteriores). Para que o asesor se sitúe dentro ten que pertencer á plantilla e estar no propio centro. Se está fóra, son gabinetes privados, que non pertencen ó centro educativo, e polo tanto a intervención está descontextualizada e hai supeditación ó asesorado-cliente. E a combinada ocorre cando hai varios centros adscritos, e existe un óptimo equilibrio entre a obxectividade e a proximidade.

A bibliografía da que saquei a información aparece no documento adxunto.

Sobre isto, fixemos a primeira actividade grupal, que aparece no seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/file/view/40844/tarefa-1-qu-entendemos-por-asesorar.

Asesoramento

 

Cando fixemos esta primeira tarefa grupal, vimos unha definición de asesoramento que me gustou moito que foi a de Lippit y Lippit, 1986:1: "El asesoramiento es una interacción en dos sentidos, un proceso de buscar, dar y recibir-ayudar. El asesoramiento se dirige a ayudar a una persona, un grupo, una organización o un sistema más grande para movilizar los recursos internos y externos con objeto de resolver las confrontaciones con problemas y ocuparse de esfuerzos de cambio". 

 

Considero que é unha definición bastante completa, xa que fala de dar e recibir por parte tanto do asesor/a como do asesorado/a, de modo que é unha cousa recíproca, ademais fala de axudar tanto a unha persoa como a un grupo, co obxectivo de resolver os problemas.

 

Chamoume a atención de que se referise a un termo recíproco, no que ambas partes se benefician e enriquecen, ademais tamén falan de axudar a un grupo, non só menciona a unha persoa como o resto de definicións. Aínda que votei en falta o feito de que falen da palabra aconsellar, de todos modos, pode deducirse polo feito desa axuda mutua.

 

Sesión do 9 de octubre do 2013

Este mesmo día, estivemos a falar sobre a profesión dos asesores, e de por qué é considerado un rol do profesor no ámbito educativo, tamén falamos das profesións reguladas e finalmente fixemos un debate sobre qué era máis grande se a orientación ou o asesoramento, no seguinte archivo explícase isto en máis profundidade.

sesión del 9 de octubre.docx

Clase do día 02/10/13

 

Cando comentamos esta primeira tarefa grupal, a cada grupo tocáballe unha actividade, que estaba contestada por once grupos diferentes, nas que había que poñer se se comprendera a actividade, as cousas en común e diferentes, que hai e que non hai e os autores emerxidos.

 

Cando se falaba de asesoramento case todos os grupos se centraban no asesoramento psicopedagóxico, e non era tanto, o feito de intentar definilo como un asesoramento xeral no que se abarcaran case todos os campos relacionados con éste.

 

En xeral, as diferenzas non eran significativas, consistían en diferentes estructuras ou formas, ou na profundización en cada apartado; pero chegamos a conclusión, que desde os nosos coñecementos, o conxunto de todas as propostas formadas polos grupos complementábase e resolvían as preguntas propostas, de xeito que non votáramos nada en falta. Xa que o complementarse entre todas, conseguimos ter unha visión máis completa.

 

Chamoume moito a atención do apartado 4, que se fixese distinción sobre os dous tipos de ámbitos o educativo (no que non se consideraba o asesor como unha profesión, senon como un rol dentro desta) e o resto de ámbitos nos que se podría considerar unha profesión. Deixoume pensando moito neste tema, aínda que non hai unha formación concreta, xa que podes ser asesor, sen ter ningún  máster nin ningún curso que reciba este nome, mais  debes ter moita información sobre o tema sobre o que asesoras. De modo que aínda que haxa un posto no que se da este nome de “asesor de…) podemos entendelo ou non como unha profesión.

 

Unha pregunta que fixo a profesora foi: “se non mencionamos os autores, ¿significa que non hai?” Desde o meu punto de vista, si que hai, son os nosos compañeiros/as; o que pasa é que as respostas son unha mezcla de varios autores, xa que son os coñecementos que xa poseemos, e que non son dun único autor concreto; por iso, pode ser que non se faga mención a eles.

 

Gustaríame comentar que me pareceu moi importante facer esta tarefa, xa que entre todos, enriquecémonos ca gran variedade de puntos de vista, de modo que aprendemos uns de outros, e todos nos aportamos algo mutuamente.

 http://stellae.usc.es/red/file/view/40870/actividad-2-grupalpdf

Finalmente, decidimos realizar a mesma actividade, é dicir, respostar ás preguntas que nos tocaran da actividade 3 co resto de actividades respondidas polos 11 grupos, de modo que a continuación vai o adxunto:

 

REFLEXIONANDO.docx