Modelos de orientación

Modelos de orientación

Última actualización de en Mónica Vanesa Rodríguez Hermida

Antes de ter a clase dos modelos de orientación e asesoramento, busquei información e isto foi o que atopei:

modelos de orientación e modelos de asesoramento

Como prácticamente todas as cousas dependendo de cómo as mires e de cada autor, hai variacións entre unhas e outras.

A orientación como calquera disciplina de acción, conta cunha serie de modelos de interevención que supoñen distintos modelos de organización e que ofrecen distintas posibilidades de acción. Estos modelos servirannos como marcos de referencia á hora de deseñar plans de actuación (Castellano, 1995).

Os modelos de orientación segundo Bisquerra (1998) suxiren procesos e procedementos concretos de actuación, é dicir, pódense considerar como “guías para a acción”. Os modelos de intervención serán estratexias para conseguir os resultados propostos.

En función do tipo de relación que se establece entre orientador e orientado, Escudero (1986) clasifica os modelos en:

-Modelo psicométrico: na que o orientador é o experto dunha serie de técnicas e o profesor o destinatario dos resultados das mesmas.

-Modelo clínico-médico: basado no diagnóstico. O orientador fai o diagnóstico e deseña o plan de intervención, que é aplicado pasivamente polo profesor.

-Modelo humanista: a orientación é un proceso de axuda ó individuo nun clima positivo de relación. O profesor é concebido como orientador.

Sen embargo, como ben dixen ó principio, se nos fixamos noutros autores, a clasificación varía. Por exemplo: Rodríguez Espinar (1993)  e Álvarez González (1995) coinciden en que os modelos de orientación poden ser:

-Modelo de intervención directa individual (modelo de Counseling).

-Modelo de intervención grupal (modelo de servizos vs. Programas).

-Modelo de intervención indirecta individual y/o grupal (modelo de consulta).

-Modelo tecnológico (está en fase de desarrollo).

 

Seguindo a Schein (1988) podemos considerar tres grandes modelos de asesoramento:

-O modelo de adquisición de servizos por parte dunha institución pola falta de coñecemento especializado ou falta de coñecemento especializado en falta de dispoñibilidade de recursos e tempo. A institución encarga a un asesor ou consultor externo o suministro dun determinado servizo, xa sexa de carácter meramente informativo, de oferta de propostas ou de resolución de problemas concretos.

-O modelo doctor-paciente no cal un consultor ou asesor especilista e externo fai unha revisión diagnóstica e identifica ámbitos de problemas ou mal funcionamento da escola, decide o que é preciso cambiar e ofrecer recomendacións para melloralo.

-O modelo de consulta como asesoramento do proceso, que viría dado por un conxunto de actividades colaborativas coas cales un asesor/a axuda ó profesorado a percibir, comprender e actuar sobre un ámbito problemático que ten lugar no seu entorno, para mellorar a situación tal e como foi definida por el mesmo.

Se nos fixamos noutros autores, como por exemplo Nieto, J.M, (2005) clasifica os modelos de asesoramento en: intervención, facilitación e colaboración.

De modo que, con toda esta información, non sabría decir con certeza se ámbolos dous tipos de modelos: tanto o de orientación como o de asesoramento son equivalentes, aínda que varíen os nomes, considero que non hai unhas definicións claras e fixas, co cal, podemos decir que hai unha certa confusión nestos termos. Non atopei ninguna definición concreta de “modelos de asesoramento”, e ademáis a súa clasificación varía completamente duns autores a outros. Concretamente nos modelos de asesoramento varían moito máis ca nos de orientación, é dicir, nin sequera coinciden os tipos entre os distintos autores, son completamente diferentes. Dende o meu punto de vista os modelos de orientación e os de intervención psicopedagóxica ou de asesoramento serían o mesmo.

 

Webgrafía empregada

http://www.rieoei.org/deloslectores/823Bausela.PDF

http://www.rinace.net/arts/vol5num1/art7_htm.htm

http://asesoramiento-psicopedagogico-upn.blogspot.com.es/2013/04/modelos-de-asesoramiento-psicopedagogico_10.html

 

Despois de clase seguín informándome sobre o tema, e traballei sobre isto en dous archivos máis que poño a continuación:

MODELOS DE ORIENTACIÓN

máis información acerca dos modelos de orientación.docx

 

Finalmente, considero que en función dos autores e datas sempre vai haber variacións, pero hai moitos que coinciden, co cal, en función da explicación, abarcará outros máis irrelevantes ou non.