0. INTRODUCCIÓN

0. INTRODUCCIÓN

Última actualización de en Mónica Vanesa Rodríguez Hermida

Comezarei por dicir que o meu portafolios electrónico recibirá o nome de: “O meu libro” xa que nel fun creando aprendizaxes, e profundizando, principalmente, en contidos que me chamaron a atención. Este libro terá diversos capítulos, e aínda que isto non significa que non garden relación uns con outros; pero simplemente, considero que poden estar mellor organizados dentro de grandes bloques, que  son os capítulos, a pesar de que hai moita interacción entre eles. Comentarei tamén, que cada capítulo está formado polas ideas previas, logo o traballado tanto na clase como na casa e finalmente unha reflexión sobre o estudado.

Fago esta introducción xa que penso que é básico explicar que parte vai en cada capítulo. No primeiro capítulo empezo explicando o que é un portafolio e tamén un portafolio electrónico. Dentro deste capítulo fixen un apartado para facer un breve comentario sobre o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, tamén coñecido co nome de Portafolio Europeo das Linguas (PEL).

No segundo  capítulo falo sobre o asesoramento e a orientación, por separado, e logo nas diferencias entre ambos. Despois falo sobre o texto de Montero y Sanz (2008): "Entre la realidad y el deseo: Una visión del asesoramiento". Tamén teño un apartado dos modelos de orientación segundo diferentes autores. Así como dous traballos grupais de acercamento ó asesoramento.

No terceiro capítulo falo sobre o currículum, e ten un subapartado sobre o currículum oculto, xa que me chamou a atención e pareceume moi interesante. Aquí tamén aparece a Técnica das tres “P” (actividade realizada grupalmente).

No cuarto capítulo falo sobre a colaboración, onde comento principalmente os textos de Echeita e Rodríguez (2005): "El asesoramiento desde dentro. Lo que sobra y lo que importa" e de Bassedas (Bonals e Sánchez Cano, 2007): "La colaboración entre profesionales y el trabajo en red".

O quinto está formado pola “Técnica da pecera” traballada en clase sobre o texto de Jesús Domingo Segovia (2010), "Comprender y redireccionar la práctica de asesoría", publicado en la Revista Iberoamericana de Educación, 54, 65-83, neste apartado hai unha parte na que se comenta prácticamente todo o dito na clase durante esta Técnica.

O sexto capítulo fala sobre a diversidade: un tema de gran interese, xa que hai que ten en conta a heteroxeneidade, pero tamén enriquecerse con ela.

O séptimo e último capítulo fala sobre os PCPI e algún caso: céntrase no texto: “Programas de Cualificación Profesional Inicial: valoraciones e implicación de los alumnos en la Comunidad Autónoma de Murcia” de González e Porto publicado na revista de Educación Extraordinario 2013, pp. 210-235.

Finalmente hai unha conclusión e autoavaliación realista e a bibliografía e webgrafía empregada para este longo portafolios.

Deste modo, espero que se aclare que partes van englobadas en cada capítulo.