El asesoramiento desde dentro. Lo que sobra y lo que importa

colaboración 2.jpg

A continuación fago un resumo sobre que trata o texto de Echeita e Rodríguez:

Echeita e Rodríguez

Reflexión sobre o texto de Echeita e Rodríguez

Paréceme realmente indignante todo o vivido por Echeita, unha vergonza o feito de preferir cerrar o colexio con tal de non tratar con inmigrantes (xa que nin sequera os consideran “normais”, e o non querer tratar con persoas con dificultades. Ademais, estaban perdendo moito alumnado, debido á baixa natalidade, e o que facía que non cerrara este centro, era o feito de que asistisen inmigrantes, deberían estar agradecidos deste feito e non intentar votalos como se non fosen persoas. Tamén o feito de non querer colaborar nin sequera apoiando a unha persoa que pensa diferente, e que pode axudarlles a mellorar e cambiar totalmente o sistema educativo.  Ademáis, paréceme patético e penoso que todo se move por intereses, que illen a unha persoa que lles pode ser de moita utilidade e que debe ser presentada para que todo mundo para que todo o mundo poida ir a xunta ela cando teña calquera problema ou suxestión.

Non entendo nin sequera as forzas que tivo para estar durante tres anos, e non rendirse, xa que parece que todo o mundo ía contra el e non atopaba nada nin nadie no que apoiarse. Tampouco me parece normal, nin adecuado que miraran o reloxo con tanta insistencia para poder marchar para a casa, aínda sabendo que hai moitas persoas que desearían ter ese posto, sen importarlles ter que adicarlle moito máis tempo do prescrito.

Xa que, evidentemente, todo o mundo sabe ou debería saber que, na profesión de mestre, ou psicopedagogo, así como, nalgunha outra, o tempo estipulado non é única e exclusivamente o horario que hai que cumprir e olvidarse. Senon que hai que facer moitas máis horas das que aparentemente “che corresponden”, pero iso xa é implicación de cada un, e debería saír de dentro de cada un, e non ser outra imposición.

 

Considero que como ben di Victor Rodríguez, en primeiro lugar o profesorado e todos os membros pertencentes á comunidade educativa deben poñerse dacordo na cultura pedagóxica do centro, independentemente da súa ideoloxía. Xa que de nada vale, todos os esforzos, se cada un ten a súa maneira de ver as cousas na escola, e non intentan chegar a un acordo polo ben de todos.

Rodríguez tivo nun principio unha experiencia mellor, logrou algúns cambios, con aqueles que o apoiaban, pero aínda así, non conseguiu chegar a todos os membros da comunidade educativa. Nin conseguiu facerlles ver que eliminando a todo aquel alumnado “máis difícil” tanto se nos referimos ó comportamento, como se nos referimos ó alumnado con dificultades, non solucionarían nada. O único que farían con isto, sería demostrar que non valen para loitar, xa que no momento en que algo se lles complica, abandonan, para non “ter fracasos” ou iso creen. De modo que, non son conscientes de que con esa actitude están demostrando que son uns fracasados, xa que é moi fácil facer o que non costa nada, pero o realmente importante e enriquecedor, é poder axudar os que de verdade che necesitan dun modo ou outro.

Ademáis, o profesorado non deben ver os psicopedagogos como unha ameaza para a súa práctica educativa, senon que están alí para mellorar a calidade educativa, tanto axudando o profesorado, como o alumnado como ás familias. De modo, que deberían recorrer a el, cando tiveran calquera dúbida ou dificultade, coa intención de recibir axuda, e non intentando “desfacerse” ou expulsando do colexio ó alumnado que non lle permite dar a clase con claridade sen ter en conta o por qué esto sucede.

O profesorado tamén debe axudar ós psicopedagogos, facilitándolles por escrito toda a información posible do alumnado; e especialmente de aqueles que teñen dificultades, así como da súa forma de actuar para tratar estas dificultades e todo o máis en detalle posible: datos familiares, comportamentos, reaccións… Deste modo, o psicopedagogo tratará as dificultades con moitos máis coñecementos dos que pode adquirir indo un día ou varios a observalo; e a colaboración entre o profesorado e o psicopedagogo mellorarán e facilitarán a práctica educativa.

Sesión y reflexión del día 4 de diciembre de 2013.docx