La colaboración entre profesionales y el trabajo en red

colaboración e traballo en rede.jpg

Neste documento fago un resumo sobre o texto de Eulàlia Bassedas: "La colaboración entre profesionales y el trabajo en red":

LA COLABORACIÓN ENTRE PROFESIONALES Y EL TRABAJO EN RED.docx

E a continuación fago unha reflexión sobre o mesmo:

Reflexión sobre o texto de Eulàlia Bassedas: "La colaboración entre profesionales y el trabajo en red"

A colaboración é un dos piares fundamentais para a inclusión de todo o alumnado na comunidade educativa, especialmente daqueles que teñen algún tipo de dificultade. Cantos más colaboremos mellor, xa que conseguiremos moita máis información e puntos de vista e abarcaremos o problema con todas as consecuencias, por exemplo, a colaboración entre o titor, orientador, familia, pediatra… será moito máis produtiva, ca unha intervención de xeito illado.

A colaboración xorde entre persoas con diferentes graos de experiencia e coñecementos, pero ademais debemos ter en conta as características de cada alumno concreto, asi como ter un coñecemento sobre o entorno sobre o que crece. Unha única persoa non é capaz de poder abarcar unha cousa tan complexa, pero con axuda pode chegar a aportar moitas cousas.

Séguese a pensar que existen “respostas máxicas”, pero con esta esperanza non vamos a ningún lado, a xente segue a pensar que quizais poidan solucionar problemas similares ou algo parecidos cunha mesma actuación, sen ter en conta nin as características do neno nin do seu entorno; de modo que é imposible que funcione.

Tamén é necesario traballar na rede: ter en conta a visión interdisciplinar dos problemas como unha necesidade para encontrar a mellor resposta ós diferentes interrogantes que nos plantexa a realidade. Debemos ser conscientes e admitir as nosas limitacións como persoas.

Uns creen fundamental colaborar e outros non lle dan ningunha importancia. Eu son das que penso que é totalmente necesario, xa que con menos esforzo, pero cada un coas súas aportacións podemos chegar moi lonxe, axudándonos mutuamente, e aprendendo uns dos outros (sempre e cando sexamos flexibles e nos poñamos no lugar do outro). Podemos ter máis información, compartila e argumentar a nosa maneira de pensar, para finalmente chegar a acordos comúns, e deste modo, facilitar a aprendizaxe do alumnado. Tamén se aconsella apuntar os acordos e firmalos, para ter probas do que se dixo e das decisións tomadas finalmente.

Debemos procurar planificar uns horarios compatibles para coordinarnos e comentar os detalles, e tamén mediante as diferentes canles de información: teléfono, correo, un grupo común nunha rede social (por exemplo)… Debemos ser flexibles, e adaptarnos e ver os diferentes puntos de vista, abarcar a globalidade, tendo sempre en conta as opinións e formas de ver dos nosos compañeiros. Para isto, tamén debemos ter paciencia para ver os logros, xa que non son inmediatos, hai que autocontrolarse, autoavaliarse e probar cousas novas. Mediante unha estrutura organizada e unha boa comunicación podemos traballar mellor as necesidades. Mediante o intercambio de opinións faremos unha reflexión conxunta e un seguimento sobre os avances, de modo que poidamos avaliar o progreso e mellorar día a día.

Como nos plantexa Ausloos (1998), vale a pena incorporar a idea de que vivir é estar continuamente confrontado co imprevisible, elaborar solución orixinais e aprender a ter unha visión global de situacións complexas adaptadas a cada situación concreta.

O cambio principal da innovación e da colaboración está relacionado co cambio da cultura, das actitudes, dos pensamentos e ideas implícitas; os que o probaron ven as súas melloras, pero hai que ter paciencia.

É moi bo que a xente conte as súas vivencias, xa que nos pode ser moi útil a forma de ver a vida e os problemas de outras persoas, ademais pódenos servir de consello e axuda; considero deste modo, que é moi enriquecedor intercambiar experiencias.