CAPÍTULO 5. TÉCNICA DO ACUARIO

técnica do acuario.png

Explico de que vai esta técnica, busquei información sobre cómo é para ter uns coñecementos previos, nela aparecen reflexadas as vantaxes e inconvintes da mesma:

TÉCNICA DE ACUARIO.docx

No seguinte enlace podemos ver o que se comentou na sesión no círculo interno (o noso grupo) sobre o texto de Jesús Domingo Segovia: "Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría":

http://stellae.usc.es/red/file/view/44469/debate-peces-stellaepdf

 

A continuación, fago unha explicación e reflexión sobre a técnica posta en práctica:

Técnica do acuario

O texto aportoume moitas dúbidas, moitas preguntas, e sobre todo, moitas reflexións das que fomos facendo na clase, e que supoño que lle xurdirían á maioría dos que leeron o texto.

Empezamos falando sobre o texto, á vez que nos íbamos facendo preguntas entres nós (o círculo interno), íbamos respondéndonos unhas a outras co que opinábamos sobre a pregunta formulada. Os tiburóns eran Hugo, Alma e Lara e tiñan que escoitar moi atentamente, para unha vez acabada a nosa exposición, diálogo e reflexión, decirnos o que opinaban, as dúbidas que lles foran xurdindo, ou preguntas sobre as que desexaban saber a nosa opinión. Ó final do noso debate sobre o texto de Domingo, formulámoslles unhas preguntas abertas ós tiburóns para que reflexionaran sobre elas. 

A técnica do acuario é moi práctica e moi útil para facilitar o debate, é moi enriquecedora, xa que o simple feito de usar o debate, facilita a visión dos distintos puntos de vista. Deste modo, unha vez que dis algo, tes que argumentalo e intentar convencer ós teus compañeiros/as do que estás dicindo; e se non están de acordo, debes seguir argumentando, cambiando palabras ou explicarte dunha forma máis axeitada (clara e precisa). Eso sí, debemos ter as ideas moi claras, e uns bos argumentos que sexan convincentes. Haberá momentos nos que teñas razón e outros nos que non, o que se trata é de abrir novos frontes e puntos de vista, para dar paso á reflexión.

Aínda que moitas veces, aparentemente a xente non entre en razón, ou non pareza estar de acordo contigo, pode non darse conta no momento no que llo estás formulando; pero, posiblemente acabe tendo dúbidas de se o que che entendeu é o certo, ou se lle segue a ter máis lóxica o que pensaban desde un principio.

Por iso, o máis importante é seguir reflexionando unha vez que chegas á casa, e durante varios días, e tamén informándote noutros lados, para contrastar información, etc.; intentando, deste modo, chega á “correcta” ou que realmente che convenza. Mediante esta técnica podes favorecer o diálogo e expresar a túa opinión, así como ter discusións informais. Esta técnica é moi entretida e atractiva. Aínda que nunca había oído falar dela, gustaríame repetir a experiencia.

Ó día seguinte fixéronse algúns comentarios breves sobre a técnica realizada, e son os seguintes:

Diario do 6 de noviembre do 2013.docx

Coa lectura deste texto abárcanse fundamentalmente o asesoramento e a colaboración.