1.- Introducción

1.- Introducción

Última actualización de en Patricia Cambón Loureiro

Confeccionando a mochila 

 

 

INTRODUCCIÓN

 

      A metodoloxía empregada nesta materia, resultoume novidosa e sorprendente, polo feito de empregar unha rede social como ferramenta de aprendizaxe e avaliación do coñecemento. Dita maneira de traballo, asenta as bases no constructivismo: “aprender  facendo”  ou o que é o mesmo, learning by doing, sendo nos os protagonistas de todo o proceso de aprendizaxe guiado sempre pola profesora Lourdes Montero. Outro dos eixos da metodoloxía é a aprendizaxe autónoma,  pero o mesmo tempo en comunidade, axudándonos e enriquecéndonos os uns aos outros mediante a plataforma Stellae; favorecendo así a adquisición de coñecementos de maneira significativa e non memorística. Na teoría de Vigotsky (constructivista) afirmase que o desenvolvemento dos procesos cognitivos é unha experiencia fortemente interactiva e social; de aí que o emprego desta plataforma sexa fundamental para poder levala a cabo.

      Dende esta perspectiva constructivista, a aprendizaxe, concíbese como un proceso no cal, o que aprende constrúe os conceptos de acordo coa experiencia propia e a dos outros con quen comparte... o estudante ten a posibilidade de participar activamente na toma de decisión no seu propio proceso de aprendizaxe (Madrigal, 1993); por iso, nas estradas que elaborei hai mais contidos que os tratados nas sesión de clase.

      Entre outras técnicas, é no desenvolvemento do portfolio, onde esta concepción de aprendizaxe vese perfectamente reflectida, na relación que se establece entre o docente e o estudante (papel activo en todo o proceso), co fin de promover, apoiar e impulsar a aprendizaxe do mesmo. O uso desta ferramenta de traballo apoia, afianza e reconduce os coñecementos anteriores, dando sentido ós novos e decidindo cómo integralos cos conceptos previamente adquiridos.

      Podemos dicir que se trata dunha recollida intencionada de información xerada e elaborada para demostrar o que aprendín. Despois da lectura de algunhas das definición xa existentes, propoño que: “o porfolio é unha ferramenta de aprendizaxe encadrada no marco da aprendizaxe constructivista, na que o meu papel como alumna é activo, participando na construción do meu coñecemento, xa que, fun investigando, reflexionando sobre as dúbidas que ían xurdindo, recollendo así, unha serie de traballos para resolver ditas inquedanzas, e que, ao final do proceso selecciono e ordeno, reflectindo a miña evolución persoal do proceso de ensinanza – aprendizaxe”.

      Este portfolio é a representación creativa de todo o meu proceso de aprendizaxe nesta materia. Pois nel trato de reflectir cada unha das puntadas que tiven que dar para elaborar a miña propia mochila, sendo este, o fío condutor da miña historia nesta materia.

      As páxinas das que consta o portfolio son o reflexo da miña propia construción persoal do coñecemento traballado na materia. Dicir que non todos os documentos elaborados o longo da materia están incluídos no portfolio, pois non todos me pareceron relevantes para engadir neste traballo final.

      O fío condutor do meu portfoilio é a  elaboración da mochila de recursos que todo asesor/a  debe ter na súa andaina profesional, a miña propia mochila de recursos que empregarei na miña futura labor como asesora. Do mesmo xeito que ocorre cando confeccionamos unha mochila, para elaborar o meu propio portfolio, foron necesarios unha serie de materiais, metodoloxías, recursos... os cales fun articulando para poder elaborar a mellor mochila que me acompañe durante todo a viaxe como asesora.

      Son varios os motivos que fixeron que escollera este fío condutor.A primeira delas é que podo consideralo como un símbolo de identidade persoal, xa que, miña nai é costureira e de pequerrecha pasei horas e horas o seu carón, entre fíos, telas, máquinas de coser... e sobre todo momentos cheos de emoción e creatividade para confeccionar as pezas que realizaba. Outro dos motivos polos que me pareceu interesante relacionalo coa materia é porque entre todos pouco a pouco; puntada a puntada imos confeccionando a nosa futura labor, a nosa mochila de recursos para algún día, que espero que próximo, poidamos ir enchéndoa de novas experiencias e recursos.

      A costureira  (asesora) da mochila (currículo), serei eu. Como boa costureira, e mais sendo novata no oficio, antes de abordar o traballo, informeime sobre o que é coser, confeccionar (asesoramento) sen confundilo co deseño (orientación) da mesma. Unha vez informada sobre o dito, preocupeime polos distintos papeis que podo desempeñar como costureira, dende o lugar no que cosa, ata o rol que desempeñe, sen esquecerme das funcións, problemas... que apareceran durante a confección da mochila.

      A continuación teño en conta as diferentes metodoloxías de traballo para elaborala. Presentadas todas as maneiras de traballo decanteime pola colaborativa, a cal me dará as pautas para elaborar a ansiada mochila; pois tamén teño en conta as ferramentas e posibilidades que ese modelo, o colaborativo, me ofrece para confeccionala. Agora so me falta adaptar os anacos de tela as características que necesito que teña a mochila para que se adapte perfectamente a min, que será quen a leve as costas.

      O esquema que empregarei no portfolio para a confección da mochila será o seguinte:

  1. Que é coser, confeccionar? (que é o asesoramento).
    1. Definición de asesoramento.
    2. Orientación VS Asesoramento.
  2. Caracterización da costureira (Caracterización do asesor/a).
    1. Escenarios de actuación.
    2. Rol do asesor/a.
    3. Funcións do asesor/a.
    4. Apoio interno e apoio e externo.
    5. Problemática do rol de asesor/a.
  3. Maneiras de traballar (Modelos de asesoramento).
    1. Modelos de asesoramento.
    2. Modelos de orientación.
    3. Modelos de asesoramento VS modelos de orientación.
  4. Confección de maneira conxunta (Colaboración).
    1. Modelo de colaboración.
    2. Colaboración: fases do proceso.
    3. Colaboración e traballo en rede.
    4. Colaboración e profesorado.
  5. Ferramentas para confeccionar a mochila.
  6. Zona de desenvolvemento institucional.
  7. Desenvolvemento baseado na escola.
  8. Comunidades de aprendizaxe.
  9.  Vídeos de comunidade de aprendizaxe.

Mochila adaptada as miñas necesidades ( Currículo e atención a diversidade).

  1. Asesoramento curricular.
  2.  Asesoramento curricular e profesorado.
  3.  Niveis de concreción curricular.
  4.  PCC, PEC, PA e ACIs.

 

      A continuación dedicarei  a cada bloque unha páxina, na que explicarei, de maneira mais detallada os aspectos que debo ter en conta como costureira para elaborar a ansiada mochila. Durante o escrito aparecerán os enlaces que levará a información mais detallada do exposto.