3.- Conclusión

3.- Conclusión

Última actualización de en Patricia Cambón Loureiro

Conclusión

 

CONCLUSIÓN PORTFOLIO

      A mochila está remata, e preparada para que o longo da miña andaina como asesora lle engada novos apartamentos, suplementos, petos... segundo as necesidades que se vaian presentando. Agora rematada póñoa as costas para comezar a miña andaina, pero antes, botarei a vista atrás para recordar como foi a súa elaboración, as ferramentas que empreguei, o tempo dedicado....

      A metodoloxía empregada o longo do cuadrimestre,para elaborar a mochila foi distintas as traballadas na miña andaina ata o momento, pero son consciente de que foi moi beneficiosa a pesar de provocarme medo, confusión, inseguridade e incertidume. Sen dúbida, podo dicir que esta foi a tarefa mais enriquecedora dos últimos anos, tanto pola aprendizaxe adquirida como polo intercambio co resto dos compañeiros.

       Grazas a ferramenta de traballo empregada o meu papel foi activo, sendo eu mesma a que propoñía as metas a alcanzar, situándome así no centro do proceso de ensino – aprendizaxe, desenvolvendo destrezas e habilidades, como poden ser o análise crítico, detección de problemas..., que me levaron mais lonxe que a simple copia dunha mochila xa feita (memorización de conceptos e contidos da materia). Ademais esta ferramenta electrónica permitiume intercambiar información, problemas ou inquedanzas co resto de costureiras da comarca (compañeiros e profesores).

      Cando se me propuxo a elaboración desta mochila, decateime de que non sería unha mochila calquera e que non era nada doado confeccionala, pero pouco a pouco funa elaborando. Construín a miña propia mochila (o meu propio coñecemento) e aprendendo a través do esforzo, dedicación e traballo persoal e continuado na súa elaboración, volvéndose esta, unha tarefa moi intensa.

       Para súa confección realicei varios traballos semanais, buscando información sobre teas, métodos de costura...etc seleccionando o que me interesaba en cada caso, para despois elaborar a miña propia e compartila con todas as costureiras e xastres da comarca (co resto de compañeiros da rede). Ademais destas publicación individuais, tamén participei coas costureiras da miña aldea (grupo de traballo: Las currantas), onde traballamos en conxunto elaborando traballos que tamén están a disposición do resto das costureiras e xastres da comarca.

      Ao igual que o resto de costureiras e xastres, o longo da miña andaina pola rede, funme nutrindo das experiencias, relatos, información,... que o resto de costureiras e xastres ían poñendo o meu alcance. Enriquecéndonos así os uns dos outros o mesmo tempo que desenvolviamos os contidos, procedementos e actitudes da materia, aumentando a autonomía de cada un de nos e o pensamento crítico e reflexivo. Fito moi importante para poder lograr un desenvolvemento óptimo  como costureira/xastre.

      Pero sen dúbida, para que isto se puidera levar a cabo foi moi importante o papel da coordinadora das costureiras e xastres (a profesora Lourdes) en todo o proceso, xa que nos animaba constantemente a participar nas sesións de clase, inculcándonos a idea de que todos tiñamos algo interesante que aportar e que equivocarse non é un erro, se non que serán feitos dos que aprenderemos e dos cales nos enriqueceremos.

      Agora que a mochila ten a estrutura rematada, vexo que fixen un traballo bo o longo do cuadrimestre, pois servirame de base para gardar todos os recursos, ferramentas, experiencias...que vaia adquirindo na miña futura labor asesora. Sen ela estou mais que segura que non podería comezar o meu camiño nesta apaixonante profesión. É evidente que esta non será a puntada final da mochila se non que, día a día, como xa dixen, ireina modificando, ampliando, reforzando, para que medre a par que medra o meu coñecemento sobre a materia e a miña experiencia laboral.

      Foi unha experiencia moi enriquecedora e gratificante; pois son os grandes retos os que fan que medremos cada día mais, se nos somerxemos neles con moitas ganas, constancia, persistencia e ánimo, estou convencida de que os alcanzaremos e os superaremos de maneira moi satisfactoria durante toda a nosa traxectoria, enriquecéndonos tanto intelectual como persoalmente.

      Podo dicir que elaborar a mochila non e nada doado e moito menos enchela de experiencias. Por iso me parece interesante deixar o voso alcance un video e reflexión chea de esperanza, optimismo e enerxía que creo que nos guiará polo bo camiño en momentos de confusión. Podedes consultalo no seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/file/view/49260/atrevmonos-a-soar

      Con esta mochila as costas síntome algo mais preparada para comezar o apaixoante e laborioso camiño que nos conduce a mellora da calidade da confección (educación); sendo este, sen dúbida, o reto mais ansiado e ambicioso para os xastres e costureiras (os asesores e asesoras educativos), ante o cal nunca nos podemos rendir se non lanzarnos a el e loitar por esa ansiada utopía.

      Os retos son o sabor da nosa vida e a razón pola que nos lanzamos a eles é por aprender a ser mellores cada día. Paola Bazán Becerra