1.- Bloque I: que é coser/ confeccionar?

Bloque I: coser/confeccionar e deseñar

 

BLOQUE I: QUE É COSER, CONFECCIONAR?

      Antes de comezar a confección da mochila, como costureira desta obra, pareceume conveniente informarme sobre o significado da tarefa: coser/confeccionar.

      Foron varias as definicións que atopei, pero decateime de que algunhas delas podían conducirme a outra tarefa: o deseño, por iso tentei afondar en ámbolos dous conceptos. Pois tal e como se recolle no Dicionario Xerais da Lingua (6º Edición: Febreiro 2008, páxina 352), define o termo de costura como: arte e profesión de coser e deseñar modelos para vestir. Isto explica que a atribución de asesoramento a costura e deseño a orientación, non é arbitraria. Pois, ao igual que sucede cos termos asesoramento e orientación que se solapan e non teñen uns limites moi claros, no campo da confección pasa algo similar. Pois estas dúas tarefas non teñen limites moi definidos segundo os profesionais deste campo, xa que, son tarefas que, sobre todo na confección tradicional manual,  dependen unha da outra; polo que unha boa costureira ou un bo xastre, ten que saber algo de deseño e viceversa para poder facer ben a súa tarefa. Esta idea foi a que me fixo ver que co asesoramento, aínda que non de maneira idéntica, pasa algo parecido.

      Elaborei tres documentos para tentar responder a esta dúbida. No primeiro deles podedes atopar varias definicións de coser (asesoramento educativo), así como unha pequena historia sobre a aparición deste termo; dito documento podedes atopalo no seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/blog/view/41293/asesoramento-educativo

      No segundo documento analizo o termo deseñar (orientación) e coser (asesoramento) a par, atopando similitudes e diferenzas entre ambos; para elaborar este documento baseeime nunha obra da costureira Mar Rodríguez Romero (1997); o cal podedes consultar en : http://stellae.usc.es/red/blog/view/43357/son-a-orientacin-e-o-asesoramento-unha-mesma-prctica

      O último documento confeccioneino co resto das costureiras da aldea e nel recollo as ideas que xurdiron sobre a costura e o deseño nunha das reunións semanais que mantivemos co resto das costureiras e xastres da comarca. Dito documento podedes atopalo no seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/blog/view/40968/reflexin-grupal-sobre-el-debate-es-ms-amplio-la-orientacin-que-el-asesoramiento

      Agora, definida a miña tarefa seguirei afondando nela para caracterizar a miña figura de costureira, sendo este o tema central do próximo bloque.