CAPÍTULO 6. DIVERSIDADE

CAPÍTULO 6. DIVERSIDADE

Última actualización de en Mónica Vanesa Rodríguez Hermida

diversidad.jpg

Coñecementos previos sobre a diversidade

A diversidade é unha característica intrínseca dos grupos humanos, xa que cada persoa ten un modo especial de pensar, de sentir e de actuar, independentemente de que, desde o punto de vista evolutiva, existan uns patróns cognitivos, afectivos e conductuais con certas semellanzas. Dita variabilidade, ligada a diferenzas nas capacidades, necesidades, intereses, ritmo de maduración, condicións socioculturais, etc., abarca un amplo espectro de situacións, en cuxos extremos aparecen os suxeitos que máis se alonxan do habitual. Fronte a unha visión que asocia o concepto de diversidade exclusivamente a colectivos que teñen unhas peculiaridades tales que requiren dun diagnósitco e unha atención por parte de profesionais especializados, consideramos que nos grupos educativos existe unha variabilidade natural, á que se debe ofrecer unha atención educativa de calidade ó longo de toda a escolaridade.

Hai que ter presente, a este respecto, que a educación é un dereito básico, de carácter obrigatorio recollido nas Constitución e que, por tanto, todo cidadán debe atopar respostas ás súas necesidades formativas, de modo que adquiran unha bagaxe cultural que lles permita convertirse en membro de pleno dereito desta sociedade.

É responsabilidade das diferentes administracións equiparar oportunidades, é dicir, ofrecer os recursos necesarios para que todo o alumnado, independemente das súas circunstancias persoais, sociais, culturais, étnicas ou calquera outra, logre o desarrollo integral de todas as súas potencialidades e forme parte desta sociedade en continua transformación.

Por tanto, entendemos a atención á diversidade como o conxunto de accións educativas que nun sentido amplo intentan previr e dar resposta ás necesidades, temporais ou permanentes, de todo o alumnado do centro e, entre eles, os que requiren unha actuación específica derivada de factores persoais ou sociais relacionados con situacións de desventaxa sociocultural, de altas capacidades, de compensación lingüística, comunicación e da linguaxe ou da discapacidade física, psíquica, sensorial ou con trastornos graves da personalidade, da conducta ou do desarrollo, de graves trastornos da comunicación e da linguaxe de desaxuste curricular significativo.

Hai que ter en conta non só as actuacións programadas desde o Centro Escolar, senon, a influencia do entorno no que se move o alumnado. Esto leva tamén a buscar o apoio de outros sectores próximos cos que traballar de maneira coordinada e planificada. Nesta liña, o contexto máis próximo e influente é o familiar, co que é preciso establecer liñas de actuacións confluentes, ó longo da ensinanza obrigatoria. Hoxe é moi necesario ter en conta os diferentes modelos de familia que nos podemos atopar nunha mesma aula e a complexidade de relacións que estes modelos entrañan.

Este enfoque apela á auténtica profesionalidade docente, a unha alta motivación e a unha formación continuada en temas relacionados, non con calquera enfoque da educación, senon cunha educación funcional, coa educación para a vida (habilidades sociais, consumo…).

 

Webgrafía

http://www.educantabria.es/atencion_a_la_diversidad/atencion_a_la_diversidad/modelo-de-atencion-a-la-diversidad-/concepto-de-atencion-a-la-diversidad

 

Sesión y reflexión del día 4 de diciembre de 2013, 2ª parte, diversidad (2).docx