2.- Bloque II: Caracterización da costureira / xastre

Bloque II: caracterización da costureira/xastre 

 

BLOQUE II: CARACTERIZACIÓN DA COSTUREIRA/XASTRE

      Como xa dixen na introdución, como son costureira novata, antes de poñerme a confeccionar a mochila, dedicarei un tempa a averiguar cales poderían ser os meus escenarios de actuación, os roles que podo desempeñar en ditos espazos, as funcións que debería desempeñar e onde me situarei para realizala. Ademais tiven o pracer de falar con costureiras e xastres mais expertos neste terreo que, ademais de informarme sobre o anterior, advertíronme das problemáticas que podía atopar neste traballo.

      Nunha das primeiras reunións semanais que mantivemos todas as costureiras e xastres da contorna, fixemos un pequeno acercamento o oficio da costura. As costureiras da miña aldea e mais eu elaboramos un documento onde podedes atopar, entre outras cousas, os distintos escenarios, lugares onde podemos coser, dende a costura industrializada para grandes multinacionais ata a realización de arranxos de costura nun pequeno comercio. Esta información podedes atopala no seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/file/view/41209/asesoramento-prctica-iodt

      Ademais, neste acercamento tamén afondei sobre os distintos roles que podo adoptar como costureira, distinguindo así entre especialista e xeralista. O primeiro caracterizase po ofrecer solucións a problemas concretos baseándose nos meus coñecementos e habilidades como pode ser por exemplo: se unha nai trae un pantalón do fillo esnaquizado pola rodilla, eu como costureira póñolle unha rodilleira sen mais. Pola contra, a costureira xeralista pon énfase en axudarlle a nai a percibir, comprender e actuar sobre os acontecementos para mellorar así as posibles situacións posteriores; é dicir, tomando como exemplo o anterior, aquí explícaselle a nai o problema do pantalón e os posibles motivos do rachón, para que así ela, na medida do posible lle poña solución, e despois mentres as costureiras e xastres llo solucionamos, explicámoslle como se fai...etc. para ampliar esta información podedes consultar o seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/blog/view/42037/o-rol-do-asesora

      Dependendo da postura que se adopte ante o problema, podemos realizar unhas ou outras funcións; ditas funcións podedes consultalas mais detalladamente no seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/blog/view/42702/acercamento-as-funcins-do-asesora. Estas funcións tamén dependerán da posición na que esteamos, pois non é o mesmo ir de casa en casa arranxando, confeccionando prendas que ter un local fixo, pois a confección e o trato non é o mesmo. Despois de consultarme con algunhas costureiras e xastres mais veteranos e coa información que me concederon, elaborei un arquivo no que afondo neste tema, o cal podedes atopar no seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/file/view/48040/nde-nos-debemos-situar-como-asesores-educativos

      Grazas as charlas mencionadas e a consulta de obras de costureiras e xastres de sona, coa información que me regalaron, pareceume interesante afondar sobre as problemáticas que atoparei durante a miña futura profesión. Para elo elaborei un arquivo que podedes consultar en: http://stellae.usc.es/red/blog/view/43141/problemtica-asociada-o-rol-de-asesora. Nel desenvolvo entre outros, os problemas que aparecen nos conflictos inter – costureiras e intra – costureiras.

      Agora que xa teño caracterizada a miña labor como costureira, é necesario saber as posibles maneiras que teño de traballar, tema que se afonda no seguinte bloque.