3.- Bloque III: Maneiras de Traballar (modelos de asesoramento)

Bloque III: maneiras de traballar

 

 

BLOQUE III: MANEIRAS DE TRABALLAR (modelos de asesoramento)

      Neste bloque fago un acercamento as diferentes metodoloxías, maneiras que hai para realizar a mochila.

      Ditas metodoloxías poden varias tamén en función do rol de costureira que adoptemos, distinguindo así entre modelos de costuras orientados os procesos (con un rol de costureira xeralista) ou o modelo de costura orientado os contidos, tomando como referente o rol de especialista. Outra clasificación das maneiras de confeccionar ven dada polo papel que asume a costureira no desempeño da práctica profesional distinguindo así: modelo de intervención, facilitación e colaboración, que se define en función do uso do coñecemento e experiencias das partes implicadas e na estruturación da intervención. Podedes atopar esta información ampliada no seguinte documento: http://stellae.usc.es/red/file/view/48060/modelos-de-asesoramento

      Tras o dilema exposto no bloque I entre costura e deseño, pareceume interesante afondar tamén nas metodoloxías do deseño (orientación), para elo, elaborei un documento que o podedes consultar en: http://stellae.usc.es/red/file/view/48053/modelos-de-orientacin

      Despois do acercamento as diferentes maneiras de coser e deseñar, como tamén vin que había aspectos en común, elaborei un documento no que reflexiono sobre as maneiras de traballar en ámbolos dous terreos, chegando a conclusión de que non son o mesmo pero teñen aspectos en común, chegando en ocasións a ser indiferente a aplicación de uns ou de outros. Dito arquivo podedes atopalo no seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/blog/view/44877/modelos-de-orientacion-e-modelos-de-asesoramento-son-o-mesmo

      Xa vistas as diferentes maneiras de poder levar a cabo a miña tarefa como costureira, e tras reflexionar sobre ela e valorala, tanto individual como colectivamente co resto das costureiras e xastres, decántome polo traballo colaborativo, sendo este o tema central do próximo bloque.