4.- Bloque IV: Confeccións de maneira conxunta (colaboración)

Bloque IV: confeccionar de maneira conxunta 

 

BLOQUE IV: CONFECCIÓNS  DE MANEIRA CONXUNTA  (colaboración)

      Despois de profundizar nos diferentes modelos para realizar a mochila, decanteime polo modelo colaborativo, xa que creo que é o mais beneficioso tanto para min como para o resto de persoas coas que traballo, pero para elo, é necesario traballar dunha maneira determinada, traballar mediante a colaboración.

      Para poder elaborar a miña mochila dende este modelo afondarei nel para poder abordar mellor a tarefa. Este modelo basease na interdependencia entre a costureira e o dono da peza a coser/confeccionar. A toma de decisións é consensuada e con responsabilidade compartida. Este tipo de costura crease en escenarios nos que se promoven valores de interdependencia, reciprocidade, colexialidade, solidariedade participación e democracia; para afondar neste tema podedes consultar o escrito que elaborei no seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/file/view/49856/colaboracin-i-modelo-de-colaboracin

      Pero, para poder levar a cabo esta maneira de confeccionar, a coordinadora das reunións semanais, Lourdes Montero, aconsellounos a lectura dun artigo de recoñecida costureira Eulalia Basedas e grazas a ela elaborei un escrito no que aparecen varias estratexias para poder traballar colaborativamente; dito escrito podedes atopalo en: http://stellae.usc.es/red/file/view/50069/colaboracin-e-traballo-en-rede . Nel recóllense estratexias para o traballo colaborativo co resto das costureiras e xastres da comarca, as actividades profesionais que favorecen ese traballo, os momentos e situacións nos que se fai necesario o traballo en rede e as estruturas organizativas que facilitan este tipo de traballo.

      Pero como ben é sabido non todas as costureiras nin xastres imos traballar en talleres nos que xa se traballe con esta metodoloxía, por iso me pareceu conveniente facer un pequeno acercamento sobre as fases que deberían levarse a cabo para poder introducir este modelo nos talleres nos que non se traballe deste xeito. Para elo destaco tres fases fundamentais: a primeira delas é a fase de sensibilización na que o obxectivo principal é facer sentir o cambio; a segunda delas é a fase de planificación na que se articulan os eixos de acción e a terceira e última é a fase de proxección na que se pon en acción o acadado nas dúas anteriores. Para profundizar no exposto podedes consultar o seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/file/view/52315/fases-do-proceso-de-colaboracin

      Tras a lectura da obra da costureira Pilar Irianzo Garcúa (2012) decateime que para que este modelo sexa mais efectivo debería levarse a cabo dende culturas colaborativas e de corresponsabilidade, esta idea podedes consultala no seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/file/view/52403/asesoramento-dende-culturas-colaborativas-e-de-corresponsabilidade

      Agora xa profundizado este tema, no seguinte bloque fago un acercamento as ferramentas que teño para poder levar a cabo este modelo colaborativo.