6.- Bloque VI: Mochila adaptada as miñas necesidades (currículo e atención a diversidade)

Bloque VI: confección da mochila adaptada as características do portador/a 

 

BLOQUE VI: MOCHILA ADAPTADA AS MIÑAS NECESIDADES. (currículo e atención a diversidade)

      Neste último bloque, como xa estou preparada para comezar a miña mochila paseniñamente, puntada a puntada, coa axuda do resto das costureiras e xastres, comezarei a elaborala.

      Son catro os documentos que confeccionei para poder realizar a mochila con fundamentación teórica. Eu como costureira (asesora) serei a construtora da mochila (currículo).

       Nos dous primeiros fixen una descrición da elaboración da mochila (asesoramento curricular), pero en termos xerais. No primeiro dos escritos aparecen os modelos de costura específicos para realizar a mochila, facendo tamén un percorrido histórico sobre este utensilio. Ademais de explicar as características xerais para poder elaborala, así coma as súas propias, ademais do papel mais correcto que debería adoptar como costureira; documento que podedes atopar no seguinte enlace: http://stellae.usc.es/red/file/view/48477/asesoramento-curricular. O segundo documento elaboreino co resto das costureiras da aldea despois dunha das reunións semanais que mantiñamos todos os xastres e costureiras da comarca. Nel podedes atopar algunhas das actuacións profesionais nesta mesma labor, ademais dos saberes que deberían ter sobre a mochila as costureiras e xastres e a súa formación neste ámbito antes de poñerse mans a obra. Dito traballo podedes consultalo no seguinte enderezo: http://stellae.usc.es/red/blog/view/46962/tcnica-das-tres-p.

      Agora xa coa tela sobre a mesa, os fíos, dedais, máquinas de coser...etc todo preparado é o comezo de empezar a mochila. Recordarnos que a confeccionaremos dende unha metodoloxía colaborativa co resto das costureiras e xastres, tanto da aldea coma da comarca. Foron varias as puntadas que fomos dando entre todos, as cales están explicadas mais detalladamente nos escritos que podedes consultar nestes dous enlaces:

      Ámbolos dous documentos reflicten  a idea de que a mochila ten que estar adaptada as miñas necesidades e características tal e como ven regulado por lei. Tamén menciona algunhas das estratexias que podemos realizar as costureiras e xastres para poder levar a cabo, para poder atender a diversidade, dando resposta a todos os usuarios independentemente de cales sexan as súas características. Como xa dixen a mochila ten que adaptarse as miñas costas e necesidades aparecendo así os niveis de concreción, nos que distinguimos catro principais:

  1. No primeiro nivel adáptase o modelo estatal de mochila as características da poboación galega
  2. No segundo nivel a mochila adaptada a poboación galega adáptase as características da poboación do concello.
  3. No terceiro nivel, a mochila adaptada a poboación do concello, adáptase as características da xente da aldea  para a que confeccionemos a mochila
  4. No cuarto  e último nivel, partindo da mochila adaptada as características da xente da aldea, adáptase as características propias da persoa que a vai levar as costas (ACIs).

      Polo tanto, en liñas xerais, podo concluír que todos os usuarios de calquera tipo de mochila precisa un conxunto de axudas adecuadas e adaptadas o longo de todo o proceso. Esta mochila serviranos de base para o noso futuro profesional e sen ela será moi complicado camiñar cara a ansiada mellora da calidade da confección.

      En definitiva, a miña labor como costureira é establecer os equilibrios necesarios ante as diferentes propostas que ofrece o mercado e as propias demandas dos usuarios da mochila.