CAPÍTULO 7. PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL (PCPI)

PCPI.jpg

Busquei información básica sobre os PCPI, e a continuación explico o básico dos mesmos:

PCPI

Fago un resume do texto: "Programas de Cualificación Inicial: valoraciones e implicación de los alumnos en la Comunidad Autónoma de Murcia":

PCPI Murcia

 

E despois disto, a continuación fago unha reflexión sobre o documento xa mencionado:

Reflexión sobre os PCPI de Murcia

O 30% do alumnado abandona o sistema educativo sen obter o graduado escolar, este é un dato moi elevado. O PCPI é unha gran opción para estas persoas que non lograron finalizar con éxito a súa educación obrigatoria ou que poderían abandonar o sistema educativo sen ter as competencias necesarias para acceder ó mundo laboral.

Grazas os PCPI poden acadar competencias profesionais propias dunha cualificación nivel 1 mediante os módulos obrigatorios; tamén hai uns módulos voluntarios a través dos cales podes lograr o título da ESO.

Gustoume o dito por Escudero (2005): “o fracaso escolar é un fenómeno relacional complexo, con raíces dentro e fóra dos centros escolares. Os seus múltiples aspectos e dimensións non se localizan únicamente no alumno nin tampouco exclusivamente na orde escolar imperante, senon nas relacións entre ambos, así como nos desaxustes entre o currículo, a ensinanza e a avaliación que se ofrece e se desarrolla no centro escolar e a realidade social, familiar e cultura dos alumnos. Tales relación, á súa vez, entrelázanse con outros aspectos sociopolíticos, culturais e tamén económicos, máis amplos”.

O feito de procurar aproveitar máis as clases, revisar o traballo, levar os temas e actividades ó día é algo máis habitual entre os que inician o programa que entre quenes están cursando os módulos voluntarios. Aínda que é máis evidente entre alumnos que cursan o PCPI en concellos e outras entidades que entre os que o fan nos centros escolares. Isto pode ser debido, o rexeitamento que teñen cara ós centros escolares, xa que alí fracasaron.

Son moi importantes as opinións dos alumnos para ver o que valoran e as cousas que os motivan. O que me sorprendeu foi o feito de que dixesen que o máis habitual era correxir as tarefas, teñen un estilo tradicional de impartir clases: os profesores son os que saben, dan unha clase maxistral e o alumnado escoita. Non entendo cal é a diferenza coa ESO, xa que as clases non lles resultan moi motivadoras.

O alumnado considera que os profesores valoran moito que estén atentos, que teñan un bo comportamento e que teñan boas relacións entre eles. Tamén se comenta que un terzo non é puntual, e a mesma cantidade non leva o material habitualmente. Atopan interesantes os aspectos profesionais e non os académicos, como é lóxico.

A relación entre o alumnado non é moi boa, quizáis se os profesores lle dedicaran tempo a esto, e tamén fixeran tarefas menos individualistas, é dicir, tarefas grupais ou nas que tiveran que cooperar, seguramente mellorarían as relación; aínda que esto supón de moito tempo.

Os dos módulos voluntarios teñen peores experiencias, a pesar de que vaian con máis ganas. Considero que éstes serían os que máis interese e ansia deberían ter, xa que ninguén os obriga; pero sabe que canto antes o saquen, antes poderán acadar o título de graduado en ESO.

Gustaríame concluir co que dixo McInerney (2006): “Si los alumnos están implicados y disfrutando de su trabajo, querrán ir al centro escolar. Si es marchito, aburrido y no les desafía entonces, no aguantarán. La vieja idea de un aula silenciosa se fue. No es productiva. Los chicos quieren discutir temas y trabajar en grupos “ (p. 18).

 

  PCPI esquema.gif