PRIMEIRO ESCALÓN - NON O FAREI

PRIMEIRO ESCALÓN - NON O FAREI

Última actualización de en Elodie Diéguez Peón

Metodoloxía

Xa estamos no segundo escalón, e para comezar a miña andaina, considero importante mencionar que todos os traballos, que posteriormente subirei e organizarei nas páxinas, os cales realicei ao lon  go do cuadrimestre, foron levados a cabo cunha metodoloxía totalmente diferente ao que nos estamos acostumados.

Por un lado, está a ferramenta do portafolios, que será explicada no seguinte escalón, xunto ao achegamento á materia; pero ademais utilizáronse outras ferramentas ou estratexias para realizar estes traballos diarios, como é a técnica acuario, a cal se realizou sobre a lectura do texto de Domingo Segovia Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría , a cal a continuación deixo un par de arquivos sobre esta técnica. Unha que explica o seu procedemento, e noutra que reflexiono como se levou a cabo na aula co grupo – clase.

 Técnica

Reflexión da técnica acuario

Pero non só foron os únicos modos de aprendizaxe, senón que tamén traballamos bastante con debates, tanto grupais como en pequeno grupo. Estes debates, normalmente, prolongábanse bastante, xa que sempre se intentaba poñer unha hora pero dificilmente eramos capaces de cumprir coa nosa puntualidade. Nos debates de pequenos grupos, xuntabámonos, no  meu caso, co grupo CURRANTAS, a compartir ideas e a realizar algunha que outra tarefa que seguramente vaia a adxuntar ao meu portafolio.

Polo tanto, en canto á estratexias se refire, creo que a materia me aportou dinamismo, compañeirismo podo dicir, colaboración, é dicir, unha forma de traballar distinta e cómoda.

Esta diversidade das metodoloxías empregadas na clase, creo que favoreceu a todo o proceso ensinanza – aprendizaxe, e incluso que a adquisición dos contidos fose máis significativa a largo prazo.

primeiro escalón