SEGUNDO ESCALÓN - NON PODO FACELO

SEGUNDO ESCALÓN - NON PODO FACELO

Última actualización de en Elodie Diéguez Peón

Achegamento á materia e ao noso instrumento de traballo, os portafolios.

A primeira das actividades encomendadas que realicei foi a de intentar recordar todo o que se poidera asemellar ao asesoramento, dinme de conta de que estaba moito máis presente do que me esperaba, xa que por exemplo na materia de Modelos de Orientación tocaramos o tema, pero como non era o tema principal desa materia, non me parara a reflexionar sobre este tema secundario.

A continuación, déixovos o traballo que realicei sobre este primeiro achegamento á materia.

UN PRIMEIRO ACHEGAMENTO Á MATERIA

O instrumento para levar a cabo todo o traballo da materia, como comentei na páxina anterior, a profesora deunos a coñecer á rede social Stellae, a cal eu descoñecía ata daquelas. Podo dicir, despois de traballar con ela varios meses, que se trata dunha rede social bastante enriquecedora polos arquivos e contidos que aportan os demais compañeiros da rede, e ademais de que é instrumento bastante fácil para o seu manexo.

Ademais neste instrumento, aporta o apartado “páxinas”, que é onde estou traballando para montar o meu portafolios. Ao comentarnos Lourdes de que os traballos que realizaramos día a día os tiñamos logo que organizar nunha serie de páxinas formando o noso portafolio, non vou dicir que pensei que sería unha tarefa demasiado difícil, pensando que o medio impreso sería o máis convinte, pero unha vez que me puxen a traballar así online, sentinme bastante cómoda.

Pero atopeime con que tiña que facer un portafolio, pero sabía eu o que era exactamente un e – portafolio? Sabía como debía realizalo? Como debía montalo? Estas cuestións respondinas, recollendo información sobre este instrumento.

Aquí vos deixo o documento que o recolle

 ACHEGAMENTO AOS PORTAFOLIOS

SEGUNDO ESCALÓN