CUARTO ESCALÓN - COMO FACELO?

CUARTO ESCALÓN - COMO FACELO?

Última actualización de en Elodie Diéguez Peón

Que é o asesor?

Esta cuestión é bastante complicada se nos poñemos a pensar nas súas funcións, e nos seus roles durante a súa vida profesional.

Neste caso este concepto vai referido ao asesor psicopedagóxico, é dicir, o que guía, orienta, apoia e axuda ao individuo nas distintas etapas do desenrolo para lograr a integridade deste. Pero, aínda que eu me referira a este termo, asesor é todo profesional que realiza esta tarefa en calquera campo profesional, non ten porque dirixirse soamente cara a educación; senón que os asesores están totalmente presentes en diversos campos, por non dicir, na totalidade deles.

Ao principio, dende o meu punto de vista, non podía dicir moito con respecto á figura do asesor psicopedagóxico, pero despois de indagar sobre a súa definición, as súas funcións, os seus roles, e os tipos de asesores, podo dicir que o meu coñecemento aumentou grazas a información recollida sobre ditos temas.

Por isto mesmo, colgo a continuación, os tres arquivos que elaborei en canto a esta información, da que estou a falar; é dicir:

-          O primeiro arquivo fala sobre a definición do asesor psicopedagóxico, no cal explico ou, mellor dito, expoño o que significa a figura de asesor.

DEFINICIÓN ASESOR

-          O segundo arquivo que subo agora, trata sobre o rol do asesor, no cal cheguei a confundirme despois de tantas informacións sobre o mesmo tema, pero tan diferentes entre elas. Refírome a que cando estaba a indagar sobre isto, nalgunhas fontes de información atopei diversas funcións e ao mellor noutras fontes falaban de funcións diferentes; e o mesmo me ocorreu cos seus roles. Por isto, creo necesario mencionar aquí, que os roles que pode desempeñar este profesional son moi diversos e dependen de cada unha das persoas, non debemos asignar roles concretos, porque cada persoa será libre de levar a cabo un rol determinado, co cal el se identifica en todo momento e situación da súa vida laboral e persoal. E o tema das funcións, ocorre máis ou menos o mesmo, está claro, que haberá algunhas funcións que sexan imprescindibles, pero despois as funcións que sexan relevantes ou irrelevantes vaino decidir o propio asesor. Polo tanto, no arquivo que vos deixo, seleccionei as funcións que me pareceron máis axeitadas, pero non significa iso, que a outra persoa lle poida parecer funcións imprescindibles outras tantas.

ROL DO ASESOR

-          E por último, no 3º arquivo preséntovos a diferenza entre asesor interno e asesor externo, asunto no cal non afondei demasiado, porque o tema creo que está bastante claro, xa que non é a primeira vez que o grupo – clase traballamos con estes conceptos.

Asesor interno - externo

CUARTO ESCALÓN