QUINTO ESCALÓN - TRATAREI DE FACELO

QUINTO ESCALÓN - TRATAREI DE FACELO

Última actualización de en Elodie Diéguez Peón

Diferenza entre o asesoramento e a orientación

Un dos primeiros conflitos que nos atopamos a gran maioría da clase, foi sobre a diferenza que existe entre o asesoramento e a orientación; ou a diferenza entre asesor e orientador; ou a diferenza entre modelos de asesoramento e modelos de orientación; …

Para explicar este tema, na clase fixemos un debate en grande grupo, no cal un lado da clase tiñamos que apoiar que a orientación era máis grande ou que abarcaba o asesoramento dentro dela, e a outra metade da clase tiña que apoiar o contrario.

Aquí vos deixo o documento no cal recollo este debate e no cal o grupo CURRANTAS describiu a sesión do debate e as súas conclusións:

http://stellae.usc.es/red/blog/view/40968/reflexin-grupal-sobre-el-debate-es-ms-amplio-la-orientacin-que-el-asesoramiento

7526_la-felicidad-se-encuentra-en-cada-escalon-del-camino.jpg

Deste debate surxiron moitas ideas, que máis que aclararme, fixéronme dudar máis do tema, e deixándome máis confundida sen saber cal era diferenza ou diferenzas que distinguía cada un dos termos.

Polo que na clase, levouse a especificar a definición de cada un destes conceptos:

-          Orientar: acción dirixida a alguén hacia un lugar determinado (algo concreto).

-          Asesorar: dar consello a alguén (máis global)

Destas definicións, eu saquei en conclusión que o asesoramento é a que engloba dentro del a orientación, xa que o orientador só se trata dun profesional dun centro educativo, mentres que un asesor abarca moitos máis campos profesionais. Pero a pesar diso, estas dúas prácticas, asesoramento e orientación, deben ser incluíntes, o cal significa que cando se orienta, asesórase, e cando se asesora, oriéntase.

Unha vez que tratamos este tema na clase, pareceume axeitado, seguir indagando na miña casa e traballar sobre o asunto, para poder aclarar as miñas ideas e as ideas que se expuxeran na sesión e no debate.

Os documentos son os seguintes:

 ASESORAMIENTO - ORIENTACIÓN

modelo de asesoramento - modelos de orientación