SEXTO ESCALÓN - PODO FACELO

SEXTO ESCALÓN - PODO FACELO

Última actualización de en Elodie Diéguez Peón

Que é o currículo e ACIS

Deixando un chisco máis de lado o tema do asesoramento, é dicir, xa explicamos ata agora o que era o asesoramento, os seus profesionais, e a diferenza coa orientación; agora ben, voume centrar noutro aspecto que se traballou na clase, o cal é o currículo.

Ademais de buscar definicións deste termo que deron diversos autores, algunhas das cales xa deramos anos atrás noutras materias, tamén engado un pequeno resumo de todas elas, intentando formar unha definición completa e adecuada, dende o meu punto de vista, para definir este complexo concepto.

Polo tanto, a continuación adxunto o arquivo no cal recollo estas definicións:

 Definición de currículo

Outro tema que falamos en clase, na última sesión do cuadrimestre foron as ACI e os Programas de Diversificación Curriculares, os cales forman parte dos niveis curriculares do currículo. Polo tanto, decidín que despois de falar do currículo pero antes de comentar estes dous programas, era necesario explicar que o currículo se divide en catro niveis curriculares:

1º nivel: Deseño Curricular Base

2º nivel: Proxecto Curricular de Centro

3º nivel: Programación de aula

4º nivel: ACI.

Neste último nivel curricular, é onde se engaden as Adaptacións Curriculares individualizadas. Polo tanto o documento no que explico brevemente isto, súboo de seguido:

Niveis de concreción curricular

Agora que sabemos onde se sitúan as ACI, paso a comentalas noutro arquivo que ao final desta páxina subo. Ademais neste mesmo word, tamén falo sobre os Programas de Diversificación Curricular, os cales son medidas extraordinarias que se poden levar a cabo no 2º ciclo da Educación Secundaria, sempre e cando se tiveran esgotadas as medidas anteriores, pero isto virá mellor explicado no documento.

Tanto unha como outra medida curricular, foron interesantes para min, xa que, por exemplo, agora encóntrome realizando as prácticas, e a información que recollín destes programas, fixéronme entender mellor as cousas e os casos de nenos con dificultades, os cales tiñan adoptado algunha ACI.

Adaptacións curriculares individualizadas e programas de diversificación curricular

escalera_al_cielo.jpg