OCTAVO ESCALÓN - PÓDESE

OCTAVO ESCALÓN - PÓDESE

Última actualización de en Elodie Diéguez Peón

Xa estamos na última das miñas páxinas que forman o meu portafolio, aínda que prefiro chamalo “o meu traballo personalizado”.

Pasou tempo dende o 9 de Setembro, que comezaba o curso ata o día de hoxe, que debo facer entrega das tarefas que se encomendaron dende o principio.

Fun subindo escalón a escalón, ao mesmo tempo que o meu sentimento hacia a miña propia capacidade de traballo foi cambiando. Xa na primeira páxina deste portafolio, fíxenvos conscientes de que para min isto supuxo un esforzo, xa que fun medrando tanto académicamente como persoalmente.

A metáfora das escaleiras que soben, pareceume moi axeitada para este caso, pero cabe dicir que a escaleira non acaba aquí. Somos profesionais que se nos esixe moita formación, ademais de ser ésta continuada. A escaleira seguirá subindo ata conseguir o éxito da vida, é dicir, conseguir ser feliz ou conseguir o que se quere na vida, iso é o máis importante. Por isto, cada escaleira, cada escalón que se suba ou que se consiga, debe ser unha satisfacción para aquela persoa que o está facendo. Debemos buscar conseguir éxitos, debemos ser investigadores toda a nosa vida. Debemos sentir dentro de nos mesmos que escaleiras subir e que escaleiras non. Debemos saber que conseguir a plena felicidade ou éxito non é tan fácil, que se debe loitar, subir, esforzarnos aínda que esteñamos cansados.

Sen realmente querer, acabo de escribir o que sinto con respecto a esta materia, xa que loitei, esforzeime, a pesar de todo o que poida estar pasando ao meu redor, quixen subir esta escaleira e quixen lograr por min mesma o éxito desta asignatura.

tumblr_mw4cz9ecT51s7gqdqo1_500.png

Con respecto, a todos os traballos anteriormente mostrados, espero que fosen de axuda a alguén nalgún momento, e que para min servíronme moito para adentrarme no contido da materia. Asesoramento volveuse unha asignatura coñecida para min, converteuse en algo interesante para a miña futura labor como profesional de psicopedagoxía.