2. ASESORAMENTO: EXPLORACIÓN DO ROMPECABEZAS

2. ASESORAMENTO: EXPLORACIÓN DO ROMPECABEZAS

Cada vez que comezamos a traballar con algo que nos resulta un pouco descoñecido, o primeiro que debemos facer é documentarnos sobre iso, mirar que é, para que serve...

       QUE ENTENDEMOS POR ASESORAR

Trátase de facer un achegamento ó asesoramento: escenarios, funcións...ao igual que sucede cando che presentan un rompecabezas que non sabes como comezar a traballar con el, debes mirar as posibilidades que che ofrece, as pezas que o compoñen, parq ue serve... en resumo; facer unha minuciosa exploración que che permita coñecelo mellor.

images.jpg

Cando falamos de asesoramento veñense á mente unha morea de verbos cos que o podemos relacionar: participar, informar, orientar, entender, consultar, comunicar, comprender, dialogar, aconsellar...

Segundo Fernández (1997), a función do asesoramento pode definirse como unha operación de diagnóstico, identificación de proxectos de acción. Polo que é imprescindible  ter en conta o contexto.

Lippit e Lippit (1986) describen o asesoramento como unha interacción en dous sentidos (...). Diríxese a axudar a unha persoa, un grupo, unha organización ou un sistema máis grande para movilizar os recursos internos e externos co obxecto de posibilitar a súa capacidade de resolver problemas e realizar esforzos de cambio.

Por suposto, á hora de documentarnos e informarnos sobre un aspecto novo sempre inflúen os coñecementos previos cos que contamos polo que, dende a materia de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores fixemos unha posta en común (en pequenos grupos) sobre os coñecementos previos acerca da formación do profesorado.

 

 Historias Previas.pdf

 Do mesmo xeito tamén realizamos unha pequena posta en común sobre o que pensan os futuros asesores acerca dos profesores e viceversa pois é importante analizar os diversos puntos de vista para poder comprender ben o que se está a estudar; neste caso, o asesoramento.

 

IDEAS PREVIAS SOBRE PROFESORADO.pdf

Despois de explorar acerca do asesoramento, deixei voar a miña imaxinación, intentando ver como sería o meu primeiro día como asesora dun centro educativo.