3. ASESORAMENTO VS ORIENTACIÓN E TIPOS: ROMPECABEZAS VS PUZZLE

 

3. ASESORAMENTO VS ORIENTACIÓN E TIPOS: ROMPECABEZAS VS PUZZLE

Co fin de afondar máis no estudo acerca do asesoramento paréceme que unha boa maneira sería comparándoo coa orientación por tratarse de dous aspectos extremadamente relacionados, relación que pode ser perfectamente comparable coa de un rompecabezas frente a un outro tipo de puzzle.

Para clarificar un pouco as miñas ideas foi de gran axuda un cadro que Lourdes nos mostrou na clase onde se poden contemplar as diferenzas máis significativas.

                               ORIENTACIÓN                             ASESORAMENTO                    
 ORIXE  Guidance, couseling  Support, adviser
PRÁCTICA  Directa  Indirecta
PODER  Asimetría  Horizontalidade
COMUNICACIÓN  Unidireccional  Bidireccional
META  Resolución de problemas  Capacitación asesores/ asesorados

Se analizamos a táboa podemos ver que o asesoramento ten unha práctica indirecta mentres que a orientación é directa, no referente ao poder, o asesoramento está enfocado a profesionais co mesmo status  mentres que cando falamos de orientación pensamos en status diferenciados.

No asesoramento, a comunicación lévase a cabo de forma bidireccional (como podería ocorrer co rompecabezas, cando moves unha peza, as demais tamén se moven) e a orientación é unidireccional (na construcción dun puzzle sempre camiñas na mesma dirección). As metas que perseguen o asesoramento e a orientación tamén son diferentes; o primeiro deles pretende capacitar asesores e asesorados, pola contra, a orientación está enfocada á resolución de problemas.

De todo isto podemos concluir que un e outro se complementan perfectamente.

 

asesoramento e orientación.png

En palabras de Lourdes a orientación debe estar atravesada polo asesoramento. Polo tanto, un sen o outro non terían ningún sentido.

Indagando sobre isto, atopei un blog que, baixo o meu parecer axuda a clarificar as ideas anteriores.

Grazas á técnica de acuario, tamén coñecida como técnica das capas de cebola empregada na clase para traballar o texto Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría de Domingo Segovia, puidemos ampliar os nosos coñecementos ao respecto e clarificar algunha dúbida que nos puidera quedar.

 

 COMPRENDER Y REDIRECCIONAR LAS PRÁCTICAS DE ASESORIA. TÉCNICA ACUARIO

Unha vez aclarados ditos conceptos, o seguinte paso será estudar os modelos existentes dun e doutro. isto pódese ver reflexado no seguinte arquivo onde comezo por explicar o que é un modelo basándome na definición de De Miguel (1985) e, posteriormente fago unha clasificación dos modelos de orientación (couseling, de servicios, de programas, de consulta e tecnolóxico) e dos modelos de asesoramento (asesoramento terapeutico, asesoramento  consulta-recursos, asesoramento curricular).

MODELOS DE ORIENTACIÓN E DE ASESORAMENTO

Ademais da indagación persoal, Lourdes Montero facilitounos un documento onde tamén se reflexa unha clasificación dos modelos de asesoramento e as súas respectivas funcións. A continuación adxunto unha pequena reflexión do capítulo.

MODELOS DE ASESORAMENTO: DA INTERVENCIÓN Á COLABORACIÓN. (PILAR IRANZO)

Como podemos comprobar, non existe unha única clasificación senón que, dependendo dos autores, esta varía.