Ana Castro Liñares

Maestra de educación primaria,cursando actualmente 5º curso de la licenciatura de Psicopedagogía.

1.Coñecementos previos

1.Coñecementos previos

Última actualización de en Ana Castro Liñares

O primeiro paso a ter en conta  o mago para poder avanzar cara o éxito e así conseguir unha boa reputación o levará a ter numerosas actuacións máis, é saber de onde se parte, é dicir, reflexionar sobre as ideas previas que posúe. Deste xeito, coñecerase o punto de partida e a partir de aí traballarase duramente para progresar pouco a pouco.

 

                                                                                  image

 

Neste caso, en relación ó asesoramento, o primeiro día Lourdes aconsellóusenos reflexionar sobre as ideas previas que posuíamos sobre este termo xa que ó longo do cuadrimestre a materia xiraría en torno á asesoría. Considero de vital importancia que ante un novo reto, como é  neste caso a materia a que me tiña que enfrontar, se recapitule sobre os coñecementos adquiridos ó longo do noso bagaxe formativo xa que permite achegarnos de maneira máis proveitosa á asignatura.

Cabe destacar que, a pesar de atoparme no último curso de Psicopedagoxía e ter unha formación anterior no ámbito educativo coa carreira de maxisterio, foron moi poucas as materias nas que se abordou o tema do asesoramento de maneira explícita. Como se observa no arquivo subido, destaca na miña formación a materia de “Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica”  na que se abordou de maneira máis clara e profunda este concepto e aspectos claves relacionados con el que me permitiron un primeiro contacto con esta realidade e con autores de referencia neste ámbito. A maiores, existiron outras materias nas que se tratou de maneira trasversal este contido e que permitir incorporar nova información que é necesaria para levar a cabo esta acción.

Tarefa 0:ideas previas do asesoramento.

Feita esta reflexión, a próxima tarefa encomendada garda unha estreita relación con isto xa que dende o meu grupo de traballo, futuras psicopedagogas, demos resposta á primeira práctica sobre o que entendíamos por asesorar. Neste caso, cabe destacar que nun principio estábamos algo perdidas para dar resposta ás tarefas desenvoltas e os escenarios de actuación dos asesores, mentres que para a elaboración da definición de asesoramento estábamos máis encamiñadas e dubidamos menos que nos outros casos para realizala.

Tarefa 1 (futuras psicopedagogas)

Un aspecto a sinalar como positivo dende o meu punto de vista foi que esta práctica levouse á aula e puidemos así ter en conta as aportacións dos compañeiros o que permite que se observe unha mesma realidade dende diferentes puntos de vista, o cal é moi enriquecedor. A maiores, ó meu grupo tocounos o análise sobre os distintos escenarios de nos que se desenvolve a función de asesoramento de maneira que completamos estes ámbitos ó observar algúns que non consideráramos anteriormente.