Ana Castro Liñares

Maestra de educación primaria,cursando actualmente 5º curso de la licenciatura de Psicopedagogía.

2. Conceptos clave

2. Conceptos clave

Última actualización de en Ana Castro Liñares

Feita a reflexión inicial sobre os coñecementos que posúe o mago, o paso seguinte para avanzar é conseguir adquirir os conceptos claves da maxia que aínda non posúe. Para isto, debe formarse e pouco a pouco e asimilar toda aquela información relevante para poder poñela en práctica máis tarde no escenario. 

                                                                                image

De igual maneira, tras decatarme dos poucos coñecementos que posuía sobre o asesoramento, baseados tan só nas poucas asignaturas que tiven e no prácticum que desenvolvín nun departamento de orientación, a primeira  información que recollín foi sobre as prácticas de asesoramento e orientación intentando clarificar en que consistían cada unha delas e os aspectos nos que coincidían e discrepaban. Para todo isto, collín como base un artigo de María Mar Rodríguez Romero titulado “El asesoramiento y la orientación: dos prácticas que convergen”, o cal subín á plataforma de maneira íntegra xa que ó meu parecer aclara moitas dúbidas sobre ambos conceptos.

Neste caso, a pesar de que nun comezo non tivera claro cada un dos conceptos, agora sei que a orientación, relacionada co “guindance” e co “counselling”, trátase dunha estratexia de detección, tratamento e/ou prevención de problemas variados que afectan ó suxeito e de ser tratados mellorarían as súa vidas. Mentres tanto, o asesoramento, relacionado con “consultatión” e “ adviser e advisory services”, co “advise” e co “support”, trátase dunha estratexia de apoio e consello ante diversos temas que destaca por ser un servizo indirecto que recae sobre o profesional que trata co participante e non sobre este, co fin  sempre de axudar sen limitar en ningún caso a toma de decisións do asesorado.

Entre a súas semellanzas, destaca a labor de compromiso cara os suxeitos cos que tratan buscando en todo momento ser de axuda. Entre as diferenzas, destaco o servizo indirecto do asesoramento fronte a unha actuación moito máis directa no caso da orientación cara os suxeitos.

O asesoramento e a orientación, dúas prácticas a análise

En relación a isto, dende o grupo futuras psicopedagogas, delimitamos os diferentes modelos de asesoramento e orientación formulados por diversos autores en función do criterio establecido para a súa clasificación. Con isto, fomos capaces de coñecer os modelos e saber a que se refería cada un deles, o cal era descoñecido para nós, observando grandes diferenzas entres uns e outros, que de desenvolverse levan consigo grandes diferenzas. O coñecemento destes modelos é un aspecto moi importante a coñecer para poder aplicalos na práctica e así facer fronte á realidade.

modelos de orientación e asesoramento (futuras psicopedagogas)

O seguinte paso na creación dunha base teórica foi coñecer as distintas concepcións no asesoramento, as cales as atopei revisando o monográfico datado no 2008 "Repensar o asesoramento en educación: ¿Que prácticas para os novos retos?" en Profesorado, revista de currículum e formación de profesorado, nun artigo moi interesante titulado "A importancia das concepcións no asesoramento psicopedagóxico" de María Luna e Elena Martín que subín ós meus documentos xa que na miña opinión é merecente de ser lido.

Con este artigo, preténdese coñecer as dificultades que xorden ó traballar mestres e asesores conxuntamente e os problemas ós que se enfronta o asesoramento psicopedagóxico actualmente tendo en conta á baixa atención na área de asesoramento ó proceso de ensino-aprendizaxe. Fronte ás adversidades máis comúns na necesaria colaboración entre docentes e asesores para a resolución con éxito de problemas, pártese dunha gran diferenza nas concepcións ou teorías de cada un destes profesionais en relación ó proceso de ensino-aprendizaxe, o que dificulta enormemente o seu traballo conxuntamente.

Ca finalidade de coñecer as concepcións dos docentes e orientadores, aplicouse un cuestionario no que por medio dun exhaustivo proceso e co seu conseguinte análise observouse que entre os docentes destacaba a teoría directa, centrada nun aprendizaxe baseado na copia da realidade sen a necesidade de medicación nos procesos psicolóxicos e a teoría interpretativa que, a maiores da anterior, destaca o papel activo do escolar pero sempre cun obxectivo reprodutivo. Mentres tanto, os asesores posicionábanse ante unha teoría construtiva que se diferenza do anterior ó non compartir a correspondencia entre realidade e coñecemento de modo que o escolar ten que reconstruír as súas representacións e así conseguirá mellorar a autoregulación dos seus procesos cognitivos. Cómpre destacar que estes dous profesionais coinciden principalmente nas súas concepcións sobre como ensinar e aprender os contidos curriculares, mentres que se afastan enormemente en temas máis xerais como pode ser a motivación ou a avaliación.

A maiores, neste artigo tamén se fai un análise das ideas sobre o traballo do orientador e a relación de asesoramento por medio dunha entrevista clínico-crítico a 12 mestres e 12 orientadores seguindo a proposta de Solé (2002) que defende a existencia de tres aspectos esencias para distinguir os posibles modelos de intervención psicopedagóxica. O primeiro relaciónase coa posición que mantén sobre o aprendizaxe, o segundo en relación ó ámbito preferente de traballo do orientador e o terceiro ás relacións entre os mestres e os asesores. Débese ter en conta que as ideas sobre estes tres rasgos levaría a dous extremos completamente opostos dos cales se poden quitar posicións intermedias. Nun extremo situaríase a concepción do aprendizaxe como un proceso no que a axuda é un aspecto fundamental  de modo que se concibe a atención directa ós alumnos con dificultades, sendo así unha idea clínica, mentres tanto, o outro extremo constitúe a idea de que o aprendizaxe é un proceso no que a axuda dos axentes educativos é básico para o desenrolo do alumno desenvolvéndose nesta caso unha relación de colaboración estreita entre profesores e asesores, dando lugar a un asesoramento denominado educativo.Posteriormente, realizouse unha entrevista  que se analizou cualitativamente que describía con bastante fidelidade as posicións descritas por Solé  aínda que eran moitas as ideas que se situaban entre unha e outra posición. Deste xeito, no artigo detállase o perfil educativo e o clínico en relación as respostas dadas.

A importancia das concepcións no asesoramento psicopedagóxico

Outro aspecto fundamental que necesita tratarse en profundidade é o currículo, sendo todo un apoio e un referente ó que debe acudir un asesor. Neste caso, tratei de identificar unha definición deste quedándome por unha parte ca de  Gimeno, J. (1988) que o considera como “ o eslavón entre a cultura e a sociedade exterior á escola e a educación entre coñecemento e a cultura herdados e o aprendizaxe dos alumnos, entre a teoría (supostos, ideas, aspiracións) e a práctica posible dadas unhas determinadas condicións”. Por outra banda, segundo Kemmis (1988) “ o currículum é un concepto que se refire  a unha realidade que expresa, por un lado o problema das relacións entre a teoría e a práctica e por outro entre as relacións entre a escola e a sociedade” a maiores indica que  “as teorías curriculares son teorías sociais non só porque reflicten a historia das sociedades nas que xorden senón tamén no sentido de que están vinculadas con posicións sobre o cambio social e en particular co papel da educación na reprodución ou transformación da sociedade.”. Estas dúas definicións recollen de maneira clara a relación entre a sociedade e a escola, sen tratar a esta última como un sistema illado.

A maiores, recollín a clasificación dada por Eisner (1979) que recolle en función do nivel de manifestación o currículo oficial, o nulo e u oculto. Neste caso, intentei amosar as claves de cada un deles

O currículum escolar

En relación a isto, por medio das actividades propostas da aula ca técnica tanto das “dúas p” ou como das “tres p” dende o grupo de futuras psicopedagogas reflexionamos sobre cuestións do currículum.

En canto á tecnica das “dúas p”, tratábase de identificar as preconcepcións dos asesores cara os docentes e viceversa, polo que tras un debate interno no grupo propuxemos as nosas concepcións sobre o que podía ser neste caso. Isto garda relación co arquivo subido sobre as concepcións no asesoramento xa mencionado.

Técnica das

Na técnica das “tres p” si que se introducía maior contido curricular con cuestións sobre os saberes curriculares que debían coñecer os asesores, actuacións entre mestres e asesores que se consideraban de asesoramento curricular e a falta de especialización nun ámbito curricular a pesar de ser considerados asesores curriculares. Estas tres preguntas permitíronnos afondar no currículum e reflexionar cuestións xurdidas del.

Técnica das  

Por tanto, tras todo o dito, é esencial crear unha base teórica fundamentada sobre o tema tratado e así avanzar de maneira exitosa. Deste modo, tal como se observa, na miña base está a delimitación dos termos de asesoramento e orientación, os seus modelos, as concepcións do asesoramento e o currículo.