Ana Castro Liñares

Maestra de educación primaria,cursando actualmente 5º curso de la licenciatura de Psicopedagogía.

3. Recursos

3. Recursos

Última actualización de en Ana Castro Liñares

Tras todo o realizado, o seguinte que debe facer o mago antes da actuación é buscar recursos e técnicas variadas que poder aplicar encima do escenario o día da actuación. Para conseguir sorprender ó máximo ós espectadores e conseguir así bos resultados,  débese ter en conta que todos os recursos teñen que ser adaptados á realidade tratada.

                                                                        image

                                                        

En relación ós recursos, debido á mención na clase por parte da mestra do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, indaguei na súa páxina que non coñecía xa que nunca oíra anteriormente da súa existencia.  Ó introducirme na súa páxina web, decateime da gran cantidade de recursos valiosos que aportan á  toda  a comunidade educativa, sendo para nós, como futuras/os psicopegogas/os, de especial interese un apartado dedicado á orientación educativa.

Son moitos os recursos ofertados que teñen a posibilidade de ser postos en práctica nos centros educativos, abordando gran cantidade de temáticas variadas que son de interese xa que están presentes nas realidades. No arquivo subido, ademais de describir a páxina e os recursos, fago unha selección destes que para min foron interesantes

Arquivo sobre o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado  

En relación á aplicación de novas técnicas na aula, cabe destacar a técnica acuario, a cal era completamente descoñecida para min ó non empregala en ningún momento anterior nas aula.

Para desenvolver esta técnica, dividiuse a clase en tres grupos, sendo pola colocación destes o nome  de acuario. Deste modo , un deles, o grupo interno (os expertos) son os que traballan co texto seleccionado pola mestra que neste caso é de Jesús Domingo Segovia “Comprender y rediccionar las prácticas de asesoría” , expoñendo de maneira clara os aspectos esenciais deste tras a súa lectura.  Unha vez rematado o turno deste grupo, existe outro (observadores críticos)  que é encargado de  debater os temas tratados polos compañeiros incorporando, se é necesario, cuestións que non abordaran previamente. Finalmente, o último grupo, o máis externo (observadores) tras observar en todo momento o ritmo da sesión e os temas tratados, debe sinalar algún aspecto que non se tratou se é o caso.  

                                                                           image

Dito procedemento é unha técnica de traballo en grupo  que permite favorecer o diálogo e a comunicación no grupo-clase, a intervención democrática, a capacidade de distintos enfoques e puntos de vista así como afondar nos temas tratados. Considero que esta actividade resulta moi atractiva e que pode ser produtiva para nós como alumnos ó poder afondar moito máis neste texto  ó darlle continuidade á nosa lectura cas achegas dos compañeiros, de modo que espero que esta sesión de hoxe siga un ritmo adecuado co fin de aproveitala o máximo posible.