Ana Castro Liñares

Maestra de educación primaria,cursando actualmente 5º curso de la licenciatura de Psicopedagogía.

1. A colaboración

1. A colaboración

Última actualización de en Ana Castro Liñares

Para a posta en marcha do espectáculo, o mago conta cun pequeno axudante que lle facilita o seu traballo e que coida os detalles no escenario para que todo saia ben. É necesario unha comunicación fluída entre eles e que cooperen en todo momento para así alcanzar o éxito na función.

                                                                         image

 

En relación a isto, un tema moi abordado na aula foi a importancia da colaboración no asesoramento. É de gran relevancia no campo educativo a participación activa de todos os axentes para acadar fins comúns, centrándome así no asesoramento visto dende a perspectiva da colaboración para a resolución de problemas e a adecuación á realidade do centro en cuestión.  A cooperación e o compromiso deben estar presentes en todo momento na labor da asesoría polo que fago especial fincapé neste tema por ser, dende a miña perspectiva, clave para o éxito.

Resulta esencial a interacción entre os distintos profesionais dun colexio de maneira que interactúen entre eles e xeren respostas e solucións ante as distintas situacións que as requiran. Cada vez máis, o asesoramento colaborativo reina nos centros afectando non só á estrutura formal da escola senón tamén a súa cultura e ós valores fundamentais partindo sempre duns principios conxuntos.

Dentro desta consideración baseada na cooperación, pódense distinguir tres asesoramento que son o asesoramento interinstitucional, o asesoramento entre colegas e o asesoramento interprofesional, os cales describo no documento subido.

O asesoramento como proceso de colaboración profesional

En relación a isto, considero que un termo clave son as “comunidades de aprendizaxe” para poder orientar o asesoramento, e a educación en xeral, cara uns fins xustos e democráticos por ser un proxecto baseado nun conxunto de actuacións educativas encamiñadas cara a transformación social e educativa. Para isto, débese partir das interaccións e a participación da comunidade cunha implicación total no  proceso.

Dentro destas comunidades, os asesores cumpren un papel fundamental onde tantas persoas se implican na consecución duns obxectivos comúns.  O asesoramento neste contexto é fundamentalmente funcional, favorecendo as relacións de igualdade baseadas no respecto ó dereitos humanos e ás responsabilidades que estes levan consigo nas relacións.

As comunidades de aprendizaxe

Dadas as moitas achegas na aula en canto á importancia da colaboración e a cooperación, así como o tema da “expertitude” por parte dos profesionais, atopei na rede esta viñeta que, na miña opinión, era merecente de ser recollida e incorporada pola súa mensaxe clara e concisa: “Estamos colaborando. Yo soy una experta, pero no una autoridad en la materia, y el Dr. Gelbis es una autoridad en la materia pero no un experto”.

 

Neste caso, aborda a dualidade de “experto” e “autoridade” sendo o primeiro  suxeito considerado unha persoa cun coñecemento amplo nunha área particular de coñecemento polo que é requirido en numerosas ocasións para dar consellos sobre o seu tema de especialización. Por outra banda,  o concepto de autoridade fai referencia a unha potestade que logra alguén, máis referido ó que nos incumbe, refírese a aquela persoa que alcanzou un prestixio que foi obtendo ó longo dos anos coa súa preparación e que alcanzou unha gran importancia nun determinado plano de coñecemento.

Deste modo, obsérvase unha certa complementariedade destes suxeitos ó traballar conxuntamente xa que a experta non alcanzou o prestixio do seu compañeiro de traballo máis este último, a autoridade, require das apreciacións e opinións desta debido ó ser unha experta no seu tema de especialización. Polo tanto, a pesar de ser unhas figuras relevantes en canto ó ámbito de coñecemento acotado,  requiren un do outro para complementarse e así poder mellorar no traballo a realizar.

Con todo, o amosado nesta viñeta reflicte a importancia de traballar conxuntamente con outras persoas e así poder contemplar diferentes puntos de vista e perspectivas que nos enriquecen como  persoa e que,  por tanto, nos aportan novos coñecementos e enfoques na disciplina traballada sexa cal sexa o status acadado.

 

Viñeta: autoridade e experto.