Ana Castro Liñares

Maestra de educación primaria,cursando actualmente 5º curso de la licenciatura de Psicopedagogía.

2. A diversidade

2. A diversidade

Última actualización de en Ana Castro Liñares

Ó longo do espectáculo, tanto o mago como a súa axudante, terán que adaptarse ó seu público e ós gustos dos mesmos  para conseguir que disfruten do espectáculo de maneira que aínda que xa tiveran pensados e máis que ensaiados os distintos trucos, deben observar a reacción do público e así axustarse ós seus intereses.

                                                                    image                                                    

Na actualidade, a sociedade esta sufrindo un proceso de transformación constante que leva consigo unha gran variedade de suxeitos e intereses, existindo unha gran cantidade de factores que fan posible esta variación. Destes xeito, esta diversidade, sexa da índole que sexa, faise notoria nas aulas onde nos centros educativos hai numerosas manifestacións desta variedade o que leva consigo a necesidade de atender todas as características individuais  co fin de mellorar as súas necesidades.

Dende a educación, a atención á diversidade debe establecer uns principios por medio dos cales organicen a atención á diversidade garantido a igualdade de oportunidades. Dende a nosa comunidades autónoma, para facer fronte da maneira máis adecuada á diversidade establécense dúas medidas que poden ser ordinarias ou extraordinarias, as cal describo no documento adxuntado.

Atención á diversidade

En relación a isto, elaborei un documento específico de atención á diversidade con documentos de actuación cos que conta o departamento de orientación que son o Plan de Acción Titorial (PAT), o Plan de Orientación Académica e Profesional (POAP) e, por último, o Plan de Apoio ó Proceso de Ensino-Aprendizaxe (PAPEA). Estes documentos foron mencionados na aula e teñen uns fins moi diferentes polo que no documento que presento a continuación especifico cada un deles.

 

Documentos referidos á atención á diversidade