Ana Castro Liñares

Maestra de educación primaria,cursando actualmente 5º curso de la licenciatura de Psicopedagogía.

3. A realidade presente

3. A realidade presente

Última actualización de en Ana Castro Liñares

Ó longo da actuación, ademais de adaptarse ás características do público, o mago e a súa axudante deberán ter presente en todo momento á realidade á que se enfrontan para poder solventar problemas que poidan xurdir, tendo sempre en conta un marco de referencia.

 

Como dixen anteriormente, é necesario sempre ter en conta a realidade da que se trata. Neste caso, ó longo do cuadrimestre estivo presente a aprobación da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), sendo moitos os xestos de repulsión e desagrado tanto cara esta como ó propio ministro polo que, navegando en internet, atopei unha carta destinada a Wert que na miña opinión é merecente de ser lida. Nela recóllese o malestar xerado de maneira clara e concisa.

Carta aberta a Wert

Recollín esta carta e non moitas outras publicadas, pola maneira en que menciona o retroceso producido en grandes trazos da educación así como o vaivén de leis formuladas e aprobadas ó longo dos anos sen a consideración nin aportación mínima da comunidade educativa que é a que está presente diariamente na realidade educativa. Isto último é merecente de ser destacado xa que, como noutras entradas e arquivos recollín, a colaboración, a cooperación, o compromiso…son aspectos esenciais para acadar a calidade educativa tan desexada pero na realidade obsérvase claramente que non son levados á práctica e quedan reducidos tan só á teoría ó non recollerse disparidade de voces que enriquecerían o proceso.

Dende o punto de vista do asesoramento, tema central desta materia, tan só quero destacar que dado a importancia do asesoramento e a orientación como dereito fundamental dos estudantes, familias e profesores; bótase de menos en relación ás estruturas de orientación, unha mención na dita lei sobre a importancia de potencialas e incrementalas así como o reforzo de aspectos como a atención á diversidade, a titoría,a resolución de conflitos ou a educación emocional.

Para rematar, e gardando gran relación ca carta presentada e co mencionado anteriormente, quero amosar a  seguinte viñeta da páxina e-faro que recolle de maneira clara a inestabilidade normativa no sistema educativo ca que teñen que loitar os docentes día a día, incorporándose desta vez a LOMCE, o que supón por tanto outro novo reto educativo como tantos outros ós que  xa foi necesario enfrontarse.

 

Viñeta sobre as leis educativas