Ana Castro Liñares

Maestra de educación primaria,cursando actualmente 5º curso de la licenciatura de Psicopedagogía.

4. Reflexión da representación

4. Reflexión da representación

Última actualización de en Ana Castro Liñares

Unha vez rematada a función e recollidos todos os bártulos, é necesario reflexionar sobre actuación para decatarse dos puntos fortes e débiles da mesma co fin de manter todo aquilo que foi satisfactorio mentres que pola contra, se deberán modificar todos aqueles aspectos cos que non se conseguiu captar a atención do público.

                                                        image

Foron dúas as experiencias observadas ó longo do cuadrimestre  presentadas no capítulo “O asesoramento dende dentro. O que sobra e o que importa” de Echeita, G e Rodríguez, V. no que relatan as súas vivencias relacionados co asesoramento en dous institutos con dous enfoques completamente diferentes. Este capítulo é un estudo de casos, é dicir, unha ferramenta moi valiosa onde se describen e analizan temas de interese en función da área de traballo.

No caso de Gerardo Echeita, trátase dunha experiencia completamente negativa que chegou a ser frustrante para o autor debido ás adversidades ás que tivo que facer fronte pero que, tras o paso do tempo, serviulle para aprender sobre o funcionamento e a organización dun centro escolar  apreciando cada vez máis os traballos cualitativos para coñecer a realidade a traballar. Ó longo das súas páxinas obsérvase unha cadea de infortunios como a falta de implicación da comunidade educativa, o rexeitamento de propostas para a mellora do centro e da calidade do ensino, a falta de compromiso por parte dos profesionais…o que o levou a unha actuación periférica sen intervir na mellora das necesidades educativas nin achegarse ó núcleo da tarefa docente.

Ó contrario disto, o relato de Víctor Rodríguez recolle unha experiencia gratificante onde foi capaz de desenvolver a súa función como asesor psicopedagóxico no centro no que estaba. En todo momento, contou co apoio maioritario dos seus compañeiros e xunto con eles desenvolveu numerosos proxectos que melloraron a calidade educativa.

o asesoramento dende dentro, o que sobra e o que importa.

Unha tarefa desenvolvida, que garda relación cas descricións presentadas neste estudo de casos, foi a realización dun relato sobre como imaxinaba o meu primeiro día nun centro educativo como asesora. Neste caso, amósome moi positiva e con moita ilusión ante o comezo dunha nova etapa polo que describo unha situación idílica que me gustaría, de chegar o momento, que se parecera a ela.

 

O meu primeiro día como asesora nun centro educativo