Ana Castro Liñares

Maestra de educación primaria,cursando actualmente 5º curso de la licenciatura de Psicopedagogía.

5. Conclusión e autovaloración

5. Conclusión e autovaloración

Última actualización de en Ana Castro Liñares

                                               image 

 

Toca o momento da despedida e espero que por medio deste portafolio se amose de maneira clara a miña andaina pola materia de “asesoramento curricular a centros e profesores”. A metáfora empregada como fío condutor neste caso aborda unha cuestión de gran relevancia no asesoramento como é a necesidade de resolver problemas, servir de apoio, proporcionar información… necesitando en ocasións a maxia para poder levara a cabo a súa acción a pesar de non contar, como xa se dixo, con “receitas máxicas”. Como se foi desenvolvendo ó longo das páxinas, o asesoramento require dun longo proceso de formación e posta en práctica que implica un gran compromiso ca acción levada a cabo, así como un posterior proceso de reflexión profunda co fin de modificar, en caso de ser necesario, todo aquilo que non cumpra ca finalidade última da nosa acción.  

Compartindo o lema de “learning by doing”, considero que realmente o aprendizaxe ocorre cando se ten interese por aprender e non cando un suxeito cho impón,  de modo que a única forma de aprender é facendo todo aquilo que teña unha finalidade clara na nosa actuación. Por isto, ó longo do cuadrimestre conseguín traballar, dentro dun núcleo temático, en todo o que me producía interese e no que quería indagar de maneira que o resultado é moito máis gratificante xa que tras o esforzo aplicado en todo realizado obsérvase a identidade propia.

A maiores, a combinación do traballo individual e grupal tamén é un aspecto a ter en conta xa que por unha parte permitiunos afondar de maneira propia en todo o que queriamos mentres que co traballo conxunto tiñamos en conta distintos posicionamentos con puntos de vista diversos que nos permitían ampliar as perspectivas propias. Esta organización resultou ser moi enriquecedora para os alumnos que en todo momento contábamos co apoio da mestra para tratar diferentes temas propostos e resolver dúbidas existentes.

Cabe destacar que este proceso non foi sinxelo xa que ó non estar acostumada a esta metodoloxía, nun comezo asusta a realización dun portafolio propio e a creación dos seus documentos. Non obstante, tras o arduo traballo que leva consigo, os resultados son satisfactorios tendo en conta que é a primeira aproximación a esta ferramenta e que, tras organizalo todo, recolle o que anteriormente tiña contemplado.

Para rematar, cabe destacar que o asesoramento é un ámbito moi amplo no que ó longo do cuadrimestre foi posible un achegamento a el abordando as súas cuestións fundamentais. Polo tanto, a pesar de que esta aventura remate, virán outras que me permitirán continuar ampliando os meus coñecementos neste campo, polo que tal seguindo a temática deste portafolio, “o espectáculo debe continuar”, esperando que moi pronto siga ampliando e completando a miña formación neste campo.

Deixo unhas citas célebres de distintos autores recollidas ó longo deste tempo por medio de tweets, que debido ó seu contido invitan á reflexión.

  • "El hombre no es más que lo que la educación hace de él" (Kant)
  • "La felicidad se alcanza cuando lo que uno piensa, lo que uno dice y lo que uno hace están en armonía" (Gandhi)
  • "Un sutil pensamiento erróneo puede dar lugar a una indagación fructífera que revela verdades de gran valor" (Isaac Asimov)
  • "Ningún sueño es demasiado grande y ningún soñador es demasiado pequeño" (Robert D. Siegel)
  • "La confianza en sí mismo es el primer secreto del éxito" (Ralph Waldo Emerson)
  • "El más terrible de los sentimientos es el sentimiento de tener la esperanza perdida" (Federico García Lorca)
  • "Si queremos ver resultados debemos dar un paso al frente, de lo contrario no resultará lo que queremos ver." (Engelberth Freites)
  • "Todo lo que somos es el resultado de lo que hemos pensado;está fundado en nuestros pensamientos y está hecho de nuestros pensamientos"Buda
  • "Si no estás dispuesto a equivocarte, nunca llegarás a nada original" (Ken Robinson)
  • "En cuestiones de cultura y de saber, sólo se pierde lo que se guarda, sólo se gana lo que se da" (Antonio Machado)
  • "No hay viento favorable para quien no sabe a dónde va" (Séneca)