4. COLABORACIÓN: TRABALLO EN EQUIPO

4. COLABORACIÓN: TRABALLO EN EQUIPO

Última actualización de en alba lopez alonso

       

4. COLABORACIÓN: TRABALLO EN EQUIPO

A colaboración é un proceso onde se involucra o traballo de varias persoas en conxunto. O mesmo sucede coas pezas dun rompecabezas, se unha delas non está colaborando coas demais o resultado será diferente.

piezas.jpg

Por todos debería ser sabido que o traballo en equipo é a base de calquera resultado exitoso.

"O traballo en equipo é o combustible para o vehículo do logro" (Anónimo).

Hargrears (1996, 2003) distingue entre:

  • Individualismo:con unha cara negativa (medo) e outra positiva (creación)
  • Valcanización ou reino de taifas: grupos que traballan entre eles pero non se abren ó resto de grupos
  • Colexialidade artificial: momentos nos que traballamos con xente que nunca traballaramos, é unha situación especial a que o provoca.
  • Colaboración auténtica: traballar con outros para resolver un problema; para mellorar as cousas.
  • Mosaico móbil: capacidade de relacionarnos cos demais.

A orientación e o asesoramento non deberían dar cabida a outras alternativas fora do traballo colaborativo ( o uqe Hargrears denomina colaboración auténtica e, moito menos en ámbitos como pode ser o educativo (ou moitos outros, non menos importantes) sen embargo, está sucedendo. A consecuencia dun traballo individualista no que cada quen pensa nos seus propios intereses son a multitude de reformas; moitas delas innecesarias se se houbese actuado en equipo dende un primeiro momento.

 

POR UNHA EDUCACIÓN DE CALIDADE

Unha solución a este grave problema poderían ser as comunidades de aprendizaxe entendidas como aquel lugar un tanto utópico onde caibamos todos e todas, cada un coas súas características e contemos coas mesmas oportunidades; onde as nosas opinións sexan respectadas e tidas en conta.

COMUNIDADES DE APRENDIZAXE. ¿QUÉ PRECISAMOS PARA CONSTRUÍLAS?

É importante pararse a analizar e reflexionar acerca do que respecta á colaboración.

Un/unha asesor/a ou orientador/a en solitario nunca poderá acadar os mesmos obxectivos que realizando o seu traballo de forma colaborativa.

Esta mesma realidade faise visible na elaboración dun rompecabezas; obteresemos mellores resultados sempre e cando contemos coa colaboración doutras persoas.

 

 

colaboración.png

 

Eulàlia Bassedas incita á reflexión trala lectura do texto A colaboración entre profesionais e o traballo en rede. A autora céntrase principalmente no colectivo de alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE) co fin de lograr unha escola inclusiva pero o certo é que a colaboración debería ser entendida como un ingrediente imprescindible en calquera tipo de traballo e con calquera tipo de colectivo.

 A COLABORACIÓN ENTRE PROFESIONAIS E O TRABALLO EN REDE

A modo de exemplo da gran diferenza entre o traballo colaborativo e o individualista podemos contemplala no caso de Gerardo Echeita e Víctor Rodríguez, dous orientadores en centros educativos que viviron experiencias contrapostas e que baixo o meu parecer, no caso de Echeita os resultados mudarían bastante, a mellor, se se actuase colaborativamente.

 O ASESORAMENTO DENDE DENTRO. O QUE SOBRA E O QUE IMPORTA.

 " Eu fago o que vostede non pode e vostede fai o que eu non podo. Xuntos podemos facer grandes cousas" (Madre Teresa de Calcuta).