3. Asesoramento vs Orientación

Unha vez coñecido que se entende por asesoramento, cales son as facetas que debo realizar como asesora, e os ámbitos nos que está presente o asesoramento, decidínme centrar en clarificar a cuestión proposta por Lourdes Montero, “¿es lo mismo asesoramiento que orientación?”

Resolver esta dicotomía entre asesoramento e orientación foi o que me levou máis tempo, para tratar de diferenciar se se trata da mesma práctica ou pola contra algo diferente. Sen embargo, tras as indagacións realizadas a través da lectura de documentos, a búsqueda na Internet e máis a lectura de libros, cheguei a conclusión de que asesoramento e orientación son dúas prácticas que converxen e que para diferenciar ambas prácticas hai que acudir aos rasgos característicos de cada unha delas, tal e como se pode comprobar no seguinte arquivo “Asesoramento e orientación” no cal deixei clarificado ambos conceptos tomando como referencia a Rodríguez Romero (1996).

http://stellae.usc.es/red/blog/view/40949