4. Modelos de asesoramento e modelos de orientación.

Identificadas as prácticas de asesoramento e orientación e a súas diferenzas, no apartado 3. Asesoramento vs Orientación, foi tempo de coñecer cales eran os modelos de cada unha delas. Comezando polos modelos de orientación, os cales xa tratei desde o primeiro momento no que realicei a conceptualización previa a materia (CONCEPTOS PREVIOS A ESTA MATERIA), xa que viramos algúns modelos de orientación con Pardo,J.M e Tobío, A. Ademais disto estivemos a traballar en grupo o tema dos modelos. Desta vez traballei con Uxía Casal Cruces e con Sergio Morales no grupo “A hombros de gigantes”.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/43379/modelos-de-orietacin

http://stellae.usc.es/red/blog/view/44691/modelos-de-asesoramento

No que observamos que o modelo clínico está presente na clasificación que realizan diferentes autores sobre os modelos de orientación, pero que tamén está presente na clasificación dos modelos de asesoramento. Outra conclusión e que hai modelos de orientación que si poden ser extrapolados aos modelos de asesoramento, tal e como se pode comprobar no traballo realizado en grupo, así como o realizado a parte a nivel individual “Clasificación Modelos de Orientación” “Modelos de asesoramento psicopedagóxico”.  E máis adiante, o artigo de Montero e Sanz “Entre la realidad y el deseo: una visión del asesoramiento”, permitiume seguir abarcando este temática sobre os modelos.(Entre la realidad y el deseo: Una visión del asesoramiento (modelos de asesoramento)

A parte disto, coñecín unha nova técnica. Esta é a TÉCNICA DO ACUARIO OU DA CEBOLA. , a cal me parece moi interesante pero que por certa circunstancia non puiden vela na posta en escena. Sen embargo, considero que o texto de Jesús Domingo Segovia  COMPRENDER E REDIRECIONAR AS PRÁCTICAS DE ASESORÍA, o cal tiven que ler para facer esa técnica, serviume de gran axuda  para coñecer máis a práctica asesora. 

Para finalizar o traballo sobre os modelos de orientación e os modelos de asesoramento, lin o artigo de Pilar Iranzo  o cal me permitiu realizar unha Síntese do capítulo catro de Pilar Iranzo "Modelos de asesoramiento: de la intervención a la colaboración". No que coñecín novos modelos de asesoramento, os cales tamén me pareceron realmente interesantes. 

Por último destacar, que hai unha gran diversidade de modelos de orientación así como os de asesoramento, debido as numerosas clasificacións que realizaron e realizan diversos autores. Sen embargo, pode observarse que todas as clasificacións manteñen elementos en común, ainda que reciban denominacións diferentes. Ademais, foime máis fácil encontrar clasificacións e información sobre os modelos de orientación que sobre os modelos de asesoramento, pero de seguro que dentro duns anos, seremos capaces de encontrar máis información debido a que considero que o asesoramento no ámbito educativo está en auxe e cada vez máis son os autores e autoras que traballan entorno a esta temática, tan relevante e importante no noso campo.