5. Colaboración

Deixando a un lado o bloque 1 “Psicopedagogos/as e contexto de desenvolvemento” pasamos a un novo bloque “ Profesores/as e asesores/as” que permitiu ver as percepcións mútuas dos asesores e dos profesores e o tema de vital importancia no noso futuro traballo a colaboración.

Por este motivo, volvimos novamente a traballar en grupo para levar a cabo unha nova técnica “A técnica das 2P” a cal consistiu en dar resposta a dúas cuestións de gran relevancia e que considero que ten certa importancia na actualidade, xa que as expectativas que mantén o profesorado en relación cos asesores, é dicir como os ven, e tamén as expectativas que temos nos como futuros e futuras asesoras sobre o profesorado. http://stellae.usc.es/red/blog/view/45225/trabajo-de-las-dos-p

Esta práctica serviunos para facer unha gran reflexión en grupo sobre a importancia das expectativas. Deste modo, o meu grupo e máis eu somos optimistas e consideramos que as expectativas que ten o profesorado acerca dos asesores sufriu un cambio rotundo, xa que actualmente os asesores son considerados como algo imprescindible no centro educativo por parte da meirande parte do profesorado. Sen darnos de conta, estabamos introducíndonos na tan gran necesaria nos centros educativos e en calquera práctica profesional, na colaboración. De ahí que decidira realizar un traballo sobre a “Colaboración entre profesionais e o traballo en rede”. http://stellae.usc.es/red/blog/view/48986

A colaboración entre todos e o traballo en rede favorece a Intelixencia Colectiva, xa que nos encontramos na "era do traballo en rede e da Intelixencia Colectiva". Por iso é tan necesaria a colaboración, a participación e a involucración de todos os membros que pertencemos ao ámbito educativo para poder contribuir a mellora da escola. Deste modo na entrada ¿Que se entende por Intelixencia Colectiva? trátase este concepto. 

Así mesmo, a colaboración pode observarse na cultura profesional que presenta cada centro educativo, de ahí a importancia de identificar a cultura profesional existente en cada institución educativa. No meu caso sabía a existencia de diferentes culturas profesionais no seo das institucións educativas, sen embargo, este ano coñecín unha nova da man de Hargreaves (1996) a cultura mosaicomóbil. http://stellae.usc.es/red/blog/view/47555

Foi por este motivo, que relaicei un traballo “unha ollada ás culturas profesionais existentes nun centro educativo”, no que se recolleran os cinco tipos de culturas profesionais (individualismo, colexialidade artificial, balcanización, mosaicomóbil e colaboración), para nun futuro ser quen de identificar a cultura profesional do centro no que esté destinada xa que vai a influir na miña práctica profesional, como se narra no caso de Victor Rodriguez e Gerardo Echeita. Ambos autores presentaron a súa experiencia como orientadores nun I.E.S. a través dun Estudo de casos, do cal fixen unha reflexión do seu capítulo “El asesoramiento desde dentro, lo que sobra y lo que importa”. Foi a partir deste Estudo de casos, onde me preguntei cómo sería “O meu primeiro día como orientadora nun centro educativo”. http://stellae.usc.es/red/blog/view/53194 http://stellae.usc.es/red/blog/view/52596 http://stellae.usc.es/red/blog/view/52511