1. Introdución

1. Introdución

Última actualización de en Alba Fernández Paz

1. Introdución

Na programación de 5º de Psicopedagoxía atopámonos cunha materia denominada Asesoramento Curricular a Centros e Profesores. Non sabía exactamente co que me ía a atopar, pero imaxinaba unha materia basicamente teórica na que se abordaran diferentes temáticas relacionadas co currículo, ca función dos asesores no ámbito educativo, leis que rexen o asesoramento, etc. Pero o que nunca pensei é que nos enfrontábamos a unha materia na que teríamos que ser os artífices dun espazo propio que recollera as nosas indagacións e aprendizaxes.

Nun principio, atopeime desconcertada, pois era a primeira vez que empregabamos esta forma de traballo, na que cada un libremente ía investigando en diferentes fontes co fin de compartir as nosas investigacións co resto de compañeiros.  A esta nova forma de “facer” engadíaselle, nun principio, a dificultade de facelo a través dunha rede social, algo totalmente novo para nós. E, desta forma, cunha sensación na que se mesturaba medo ante o descoñecido e interese e entusiasmo polo novo, comezamos esta andadura polo mundo do asesoramento educativo. Neste caso co portafolios como ferramenta para a construción da nosa aprendizaxe.

OS PORTAFOLIOS DIXITAIS

Para a elaboración do mesmo, foron moitas as ideas que rondaron pola miña cabeza, ata decantarme por algo que recollera globalmente o que para min suxire o asesoramento educativo, e neste caso decidín contextualizar o meu aprendizaxe na Plantación dun cultivo, é de aí, o título do meu portafolio, O Cultivo do Saber, pois recolle a filosofía desta materia en xeral, do mesmo xeito que os vexetais son máis saborosos cando os cultivamos nós mesmos, os aprendizaxes que realizamos por nós mesmos tamén o serán, en ambos procesos a dedicación e o esforzo son fundamentais para a consecución dos obxectivos esperados.

Así que, comecemos a sembrar para nun futuro poder recoller os froitos da noso cultivo, os coñecemos.