2. Preparación do terreo: Ideas previas sobre o asesoramento


2. Preparación do terreo: Ideas previas sobre o asesoramento


Imaxe 2

O terreo é o medio onde se atopan os nutrientes que utilizan as plantas para crecer, o lugar onde se desenvolven as raíces. En calquera proceso produtivo, a preparación do terreo é vital para obter os máximos rendementos. Do mesmo xeito non podemos comezar ningunha aprendizaxe “produtiva”, significativa, se non relacionamos as novas aprendizaxes coas ideas previas que temos sobre un tema.

Neste sentido, para comezar a nosa andadura no asesoramento, decidimos revisar os diferentes contidos tratados anteriormente nas diversas materias, co fin de recordar en cales trataramos, xa fose directa ou indirectamente o tema do asesoramento e que ideas posuíamos sobre esta práctica.

Imaxe 3

 

TAREFA O: IDEAS PREVIAS SOBRE O ASESORAMENTO.

 

 

 

 

 

 

Preparando deste xeito o terreo para comezar a cultivar experiencias, conceptos, discusións, debates, etc., cunha gran dose de esforzo, co fin de recoller coñecementos e aprendizaxes.