3. Plantación das sementes: Asesoramento


3. Plantación das sementes: Asesoramento


Imaxe 4

Para comezar a plantación da nosa particular horta é fundamental plantas as sementas dos vexetais que queiramos cultivar. Son moitas as sementes que podemos plantar, e unhas non son excluíntes doutras, polo que debemos ser ambiciosos e cultivar todo aquilo que consideremos necesario e saboroso, e non só o imprescindible.

Do mesmo xeito para comezar a nosa andadura polo mundo do asesoramento foi fundamental a adquisición de certos conceptos. Pois resulta imprescindible que coñezamos en qué consiste o concepto de asesoramento, e para iso, de igual modo que vas a unha tenda para mercar as sementes, acudín a diferentes fontes bibliografías para coñecer qué se entende por asesoramento. Son moitas as definicións que se atopan, ó non existir unha unanimidade, polo momento, na definición do concepto de asesoramento. A continuación, recóllense algunhas das mesmas reflexo das diferentes visións que existen.

Lippit e Lippit (1986) definen o asesoramento como: “unha interacción en dous sentidos, un proceso de busca, dar e recibir axuda. O asesoramento diríxese a axudar a unha persoa, un grupo, unha organización ou un sistema máis grande para mobilizar os recursos internos co obxectivo de resolver as confrontacións con problemas e ocuparse de esforzos de cambio”.

Nieto e Portela (1992) consideran o asesoramento como “un esforzo sistemático e constante orientado ó cambio nas condicións de aprendizaxe e outras condicións internas nunha ou máis escolas co fin de lograr máis eficazmente as metas educativas”.

Murrillo (2004) trata o asesoramento como “o proceso interactivo de colaboración cos centros educativos, e/ou profesorado que os conforman, coa finalidade de previr posibles problemas, participar e axudar na solución dos que poidan existir e cooperar na consecución de unha maior mellora educativa”.

Fullan (2002) cree que o asesoramento “consiste en desenvolver a capacidade, a motivación e o compromiso necesarios para implicarse nos procesos de mellora”.

Bolívar (2005) propón unha concepción do asesoramento como “apoio e compromiso cos centros e profesores traballando con eles e non sobre eles”.

Miles e Ekholn (1985) definen o asesoramento como "un esforzo sistemático e constante orientado ó cambio nas condiciones de aprendizaxe e outras condicións  internas nas escolas co fin de lograr eficazmente as metas educativas”.

O recomendable antes de realizar calquera cultivo é preguntar a outras persoas, xa sexan profesionais da xardinaría ou simples afeccionados, sobre cales consideran eles que son as mellores opcións para plantar no nosa horta. E neste sentido, tamén o fixemos así co concepto do asesoramento, ó abordar unha tarefa grupal, na que os diferentes integrantes do grupo debatemos sobre que entendiamos polo papel do asesor, o seu rol, as súas tarefas, os seus ámbitos de actuación, etc. O reflexo das nosas ideas e conclusións atópanse ó longo deste arquivo:

Imaxe 5

Que entendemos por asesorar? (Actividade grupal)

Nun primeiro momento, ó preguntarme cómo definiría o asesoramento, posiblemente dentro da miña  definición atoparíase a palabra orientación. Pero realmente non coñecía cal era a diferenza entre estes dous conceptos. Para afondar máis nesta temática decidimos elaborar, tamén de xeito grupal, unha tarefa na que entre as integrantes do grupo descubrimos a diferenza entre os modelos de asesoramento e orientación, así como as vantaxes e inconvenientes de cada unha deles.

Modelos de Orientación e Asesoramento (Actividade grupal)