4. Factores climatolóxicos: Colaboración

4. Factores climatolóxicos: Colaboración

Imaxe 6

Unha vez plantadas as sementes, as condicións climatolóxicas fomentaran que o crecemento do cultivo sexa o axeitado ou, polo contrario, todo o esforzo anterior resulte en vano. Dentro do asesoramento as condicións climatolóxicas axeitadas sería a colaboración, pois este é o eixe emerxente da nosa labor como asesores, sen o cal sería imposible cultivar as bases dun asesoramento que permitise a mellora das escolas e do sistema educativo en xeral.

No seguinte arquivo recóllense o abordado na clase sobre o tema da colaboración.

Diario do día 11 de novembro

Unha das principais funcións dos psicopedagogos na institución escolar consiste en colaborar cos profesores, polo que é necesario que estes dous colectivos manteñan unha boa relación, dita relación vaise ver influída polas preconcepcións que teñan uns e outros sobre o papel que desempeñan os seus compañeiros dentro na escola. Neste sentido, debatemos a nivel grupal sobre ditos aspectos ata chegar a un consenso.

Técnica das dúas

Esta relación é fundamental para conseguir o mellor funcionamento posible do centro e a consecución dos diferentes obxectivos que se pretenden alcanzar dende o mesmo, pero dende os seus inicios presentou numerosos problemas. Como recolle Mª Mar Rodríguez,  son moitas as variables que puideron influír nesta difícil relación. Hoxe en día, moitas delas xa están solucionadas, pero cómpre facer un recorrido tanto polos problemas que se presentaron nas orixes desta relación, como polos que existen na actualidade co fin de que non se repitan prácticas que non sexan beneficiosas para a vida do centro.

Relación psicopedagogos-profesores

No tocante a mellora da relación entre profesores-psicopedagogos, cabe facer referencia o concepto de empowerment.

É dicir, trátase de que o asesor colabore co asesorado ( profesores)  a fin de que estes últimos asuman as competencias necesarias para que sexan eles os que tomen as súas propias decisións.

A colaboración debe estenderse tamén a relación entre os profesores, pois entre as culturas predominantes entre o profesorado atopase o individualismo. A continuación, afondaremos nas diferentes culturas existentes entre estes profesionais, centrándome para explicalos no libro de Hargreaves, Profesorado, cultura y postodernidad. Cambian los tiempos, cambia el profesorado, xa que como futuros asesores, resulta esencial coñecer a cultura predominante na práctica do profesorado para comprender o que fan e por qué o fan. Así, en caso de ser necesario unha transformación na súa cultura, acompañarémolos, no seu proceso de cambio.

Debemos traballar entre todos co fin de que as “condicións climatóloxicas” nos centros educativos sexan sempre as axeitadas, pois estas, ó contrario que as da natureza, si que dependen de nós.

Imaxe 7

"La cooperación es la convicción plena de que nadie puede llegar a la meta si no llegan todos" (Virginia Burden)

Por último, ó tratar o tema da colaboración gustaríame facer referencia a un aspecto que que para min, nun comezo foi obxecto de debate interno, o referido a se a colaboración e o control poden ser consideradas como tarefas realizadas por un mesmo axente, dito debate xurdiu a partir da lectura dun texto de Mª José Madonar Pardinilla, titulado Inspección y Asesoramiento: El equilio entre el control y la colaboración. Neste sentido, cabe preguntarse se dúas prácticas, supervisión e asesoramento, que nun principio parecen tan dispares e afastadas, son compatibles e poden ser desenvoltas polos mesmos axentes.

Control e Asesoramento, dúas prácticas converxentes ou antagónicas?