6. CONCLUSIÓN: ROMPECABEZAS CONSTRUÍDO

6. CONCLUSIÓN: ROMPECABEZAS CONSTRUÍDO

Última actualización de en alba lopez alonso

 6. CONCLUSIÓN: ROMPECABEZAS CONSTRUÍDO

Abordar esta experiencia supuxo un reto importante para min pero finalmente resultoume totalmente satisfactoria levándome a profundas reflexións, grazas ás cales logrei construír este e-portfolio.

Lograr o rompecabezas construído foi un exercicio moi completo que require de noito esforzo, dedicación, constancia e entrega pero, chegados a este punto podo dicir que conseguín algo que nun primeiro momento me parecía unha utopía.

 Sempre parece imposible ata que se fai (Nelson Mandela)

A metodoloxía empregada nesta materia resultoume novidosa cando os primeiros días de clase se me explicou pero conforme foron transcorrendo os días, funme acostumando e cando agora volvo a vista atrás e observo o proceso penso que con horas de esforzo, planificación e constancia...fun quen de facelo.

rompecabezas construído.jpg

 

É certo que este logro tamén o debo a axuda e colaboración pois nada sería posible sen o apoio dos meus compañeiros e sen as pautas de traballo que nos brindou a profesora, grazas ás cales puiden elaborar ese fío conductor que me permitiu enlazar os coñecementos adquiridos ó longo do cuatrimestre.

As horas de debate co Grupo Fusión foron as protagonistas da comprensión de certos aspectos traballados e de ir encaixando no lugar indicado cada unha das pezas do meu rompecabezas.

Dinme conta da importancia do asesoramento en todos e cada un dos ámbitos das nosas vidas; aprendín a diferencialo da orientación e afiancei as ideas previas de que sen colaboración nunca chegaremos a un traballo exitoso.

En cada acción que desempeñamos debemos ter en conta a diversidade porque será o que nos enriqueza, aportándonos novos coñecementos...

Síntome satisfeita de poder demostrar con feitos que, por moi duras e complicadas que semellen certas tarefas nun primeiro momento; ó final todo é posible sempre que se faga con ganas (creo que no meu caso foi así).

 

O éxito é a suma de pequenos esforzos, repetidos día tras día (Anónimo)

Espero seguir ampliando o meu coñecemento ao respecto e poder construír moitos máis rompecabezas, cada vez con máis pezas e con maior grado de dificultade pois esta será a garantía de que os aprendizaxes adquiridos foron realmente significativos.

 

Para acadar o éxito requírense tres cousas: vontade, valor e decisión (Anónimo)