8. Conclusións e reflexións

8. Conclusións e reflexións

Última actualización de en Alba Fernández Paz

8. Conclusións e reflexións

Pese os esforzos que require, non nos debemos esquecer nunca de cultivar, pois recoller os colleitas do noso traballo é un dos aspectos máis gratificantes cos que nos atoparemos ó longo da vida. Así que, traballemos con entusiasmo, para converter o noso pequeno cultivo nunha enorme plantación.

Imaxe 14

E seguindo esta filosofía, explicada perfectamente a través do lema da profesora “learning by doing”, asumimos a materia de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores, unha experiencia que considero que foi realmente gratificante, pois tratase dunha nova forma de enfrontar a aprendizaxe, a través de continuos debates na aula sobre temas que repercuten directamente no ámbito educativo, que se non fose deste xeito, posiblemente non reflexionariamos sobre eles. Por outra parte, o feito de dedicar tempos o traballo individual e grupal, permitiume ter un espazo propio para a reflexión pero ó mesmo tempo complementalo co traballo en grupo, sumamente enriquecedor, ó favorecer o intercambio de opinións entre os integrantes do mesmo. Ademais, debemos ser consecuentes co que defendemos, se como futuros asesores, cremos na colaboración como a forma idónea de abordar ó traballo, debemos empezar a poñela en práctica xa dende a Universidade, pois non hai mellor forma de defender un principio que practicando un mesmo.

En canto a realización do portafolio, gustaríame resaltar que ó ser a primeira vez que me enfronto a esta ferramenta, posiblemente quedarán temas no tinteiro, que resultarían interesante abordar, ou certas reflexións que precisarían dunha maior profundidade. Aínda así, espero que a lectura do mesmo resulte tan gratificante como para min foi a súa realización.

É deste xeito, tras moitas horas compartidas en torno ó mundo do asesoramento, marcamos un punto e aparte nesta tema, pois nunca se debe escribir un punto final xa que  son moitos os coñecementos que nos quedan por aprender.

Por último, recollo os tweets que me pareceron interesantes compartir a partir da rede social:

"Uno de los principales objetivos de la educación debe ser ampliar las ventanas por las cuales vemos al mundo.”(Glasgow, A.)

"Nuestra recompensa se encuentra en el esfuerzo y no en el resultado, un esfuerzo total, es una victoria completa" (Gandhi).

" La democracia del mañana se prepara con la democracia en la escuela" (C. Freinet).

"La cooperación es la convicción plena de que nadie puede llegar a la meta si no llegan todos" (Virginia Burden).

"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejarla libre para que se desarrolle". (M. Montessori)

"Caminante no hay camino, se hace camino al andar". (Antonio Machado)