1. INTRODUCIÓN

1. INTRODUCIÓN

Última actualización de en Lucía Pérez Martínez

 

O estudo da materia de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores pertencente ao 5º curso da Licenciatura de Psicopedagoxía foi para min algo completamente novo pois, cando ao principio do cuatrimestre vin o nome desta asignatura, rapidamente a miña cabeza comezou a pensar que sería unha desas materias insufribles, de carácter meramente teórico, para a cal tería que estudar moito, seguramente entendendo pouco para, aprobar o exame pero, para a miña sorpresa, iso non foi así. Non tiven máis que esperar a que tivésemos a primeira sesión de clase da materia para darme conta de que, por fin, despois de 5 anos de universitaria, a metodoloxía do proceso de ensinanza-aprendizaxe estaba a cambiar porque, para nada se parecía ao que eu, previamente, imaxinara. As sesións non ían ser de exposición de contidos e de toma de notas senón de interaccións en pequeno e grande grupo e, o traballo diario non ía ser en papel e de corta e pega, senón a través das novas tecnoloxías da información e da comunicación e, de investigación e indagación persoal. Por tanto eu, en maior ou menor medida, tería que ser a que construíse o meu propio coñecemento, iso si, coa axuda da mestra como guía e dos meus compañeiros como apoios e complementos da miña propia aprendizaxe, o que me permitiu modificar e ampliar os meus coñecementos sobre o Asesoramento psicopedagóxico, o que considero que tivo unha grande incidencia no meu desenrolo persoal e profesional.

 Así, o novo proxecto no que estaba a punto de sumerxirme era completamente novo, xa non só pola maneira de aprender, senón tamén pola ferramenta que se había de empregar para facelo pois, a pesar de estar fartos de estar en contacto con redes sociais, nunca pensara en que empregaría unha delas para o estudo e traballo dunha materia e que, finalmente, se representaría na construción do presente portafolios. Non cabe dúbida de que, ao principio, tanto o traballo a través de rede social Stellae como a creación do e-portafolios me causaron certa inquietude debido a que me considero unha persoa que non sabe moito sobre as novas tecnoloxías, tal e como xa comentaba na miña primeira entrada de blog:

Nova experiencia, novo aprendizaxe: Rede Social Stellae

O comezo deste novo curso académico, sabía que prometía, e moito, posto que era o último para rematar a licenciatura de Psicopedagoxía pero, o que non imaxinaba nin por asomo, era a maneira na que ía a ter que traballar algunhas das materias, en concreto, esta, a materia de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores. Nela, a aprendizaxe fórmase de maneira construtiva, facendo e traballando pouco a pouco, como se dixo xa dende o primeiro día...learning by doing, aprender facendo.

Para ilo, foi a propia mestra a que nos abriu as portas a unha nova experiencia de traballo ofrecéndonos  que nos adentrásemos  no mundo das redes sociais. A gran maioría de nós xa  as coñecíamos, pois todo o mundo está en algunha rede social pero, como ocio, non como unha estratexia ou modo de traballo onde todos aportamos cousas significativas que nos serven para a o proceso de ensinanza - aprendizaxe.

A min, nun primeiro momento, a idea de traballar deste xeito, a través dunha rede social, asustoume un pouco, porque recoñezo que son un pouco despistada e algo patosa en canto ao emprego das novas tecnoloxías pero, pensandoo ben e tendo en conta o mundo “tecnolóxico” no que vivimos, creo que este tipo de ferramentas son imprescindibles para un bo funcionamento, polo que non queda outra máis que practicar e practicar para conseguir bos e cada vez mellores resultados e, ao mesmo tempo, aprendizaxes, que seguramente serán moi enriquecedores grazas á aportación individual de cada un dos compoñentes do grupo.

Ademais diso, xa a nivel persoal, como futura mestra ou orientadora, considero que debo formarme en canto a este tipo de recursos e traballar con eles, pois non me gustaría ser unha desas docentes tradicionais que simplemente fai emprego do libro de texto obviando por completo as Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Tamén cabe dicir ao fío disto que, non serviría de nada que o centro educativo no que nun futuro estivese destinada contase con tódolos recursos tecnolóxicos existentes e que eu non tivese formación en ningún ou case ningún deles, polo que, dende este punto de vista considero que este é o mellor momento e lugar para comezar a facelo, a partir desta materia e  co emprego deste recurso da rede social Stellae, converténdose nunha nova e interesante experiencia de aprendizaxe, cando menos, diferente a que estaba acostumada ata o de agora.

Tiña medo de non ser quen de sacarlle o proveito que se merecía esta ferramenta pero, non obstante, a medida que ía traballando con ela funme encontrando máis cómoda e con maior confianza de que, o que estaba a facer nela, o estaba a facer ben, aínda que, en algúns aspectos, puidese ser mellorable pero, aínda así, considero que lle saquei moito rendemento a mesma e adquirín moitos e novos coñecementos a través da indagación, da reflexión, do análise e do aprender facendo, do... learning by doing!.

Así, tendo clara cal é a metodoloxía de traballo e o soporte no que ia a traballar, era preciso poñerse mans a obra para comezar coa construción do coñecemento o cal, para min, se asemella a construción de figuras con pezas de LEGO, aquel xogo que de pequenos/as tanto nos gustaba a todos/as onde, con variedade de pezas, conseguíamos facer o que nos propuxésemos, infinidade de cousas sen límite de extensión, ao igual que pasa coa creación do coñecemento sobre o Asesoramento que, con variedade de aportacións, lecturas, seminarios... podemos adquirir tamén, sen límite, pois non remata nunca, é inmenso. No xogo temos variedade de pezas e, no Asesoramento, temos variedade de conceptos; no xogo temos que ir ordenando as pezas e, no Asesoramento, temos que ir ordenando os conceptos; no xogo temos que seguir unha estrutura ou patrón para construír a figura final e, no Asesoramento, temos que ir creando unha estrutura de aprendizaxes en función dos conceptos que temos e, finalmente, no xogo construímos figuras sólidas, con características propias e ben definidas e, no Asesoramento, construímos o noso verdadeiro coñecemento ao respecto, de maneira sólida e con características propias e persoais que o definen.

Así, o camiño comeza con multitude de pezas pero, con ganas, con esforzo e con axuda chégase a figura final. ¿Atréveste co xogo do meu portafolios persoal?: “Construíndo coñecemento con pezas de LEGO”

                        image

A modo de índice, e para poder facernos unha idea da construción do coñecemento que se vai levar a cabo, é preciso marcar a estrutura a empregar pois, esta debe ser o suficientemente sólida como para que aguante todo o que está por vir e que serva de referencia con respecto as pezas do LEGO que se irán poñendo ao longo de todo o proceso e, como boa construtora, aos poucos, ireime detendo para verificar que, as pezas postas, van quedando ben encaixadas e firmes.

O montón de pezas que vexo son múltiples e variadas e, para colmo, estas están todas desordenadas, polo que, o primeiro, será organizalas para así comezar a traballar, ao igual que nos pasaba cos coñecemento previos sobre o tema do Asesoramento, xa traballado en outras materias, o cal estaba na mente pero, entremezclado con outras moitas cousas polo que tiñamos que acceder a nosa cabeza e, tirar del. ¿De onde vimos?

Unha vez que temos ordenadas as pezas, a primeira delas é a esencial, e debe ser forte e ríxida porque, sobre ela, é sobre onde se asentan todas as demais. Para a súa elección é preciso mirar ao pasado e ver cales son os coñecementos previos ao respecto e, en función diso, comezar a traballala e a pulila, ao igual que pasa co asesoramento, temos que saber onde estamos, de onde vimos para, a partir diso comezar coa creación, ampliación e modificación dese coñecemento. Polo tanto, a primeira das pezas a escoller é a peza LEGO base: ¿Que entendemos por asesorar?

Unha vez que temos colocada a primeira das pezas que servía de base, temos que comezar coa elección das seguintes, sobre as cales haberá que reflexionar e pensar sobre a súa elección pois son moi semellantes e, a pesar de que só difiren na súa cor posúen matices e particularidades cada unha delas que as fai especiais. As pezas das que estou a falar son: Asesoramento & Orientación.

Logo, unha vez que son quen de diferenciar as pezas anteriores, que como recordo diferían na súa cor e por conseguinte nos seus matices, o seguinte paso é ver que modelos de cada unha desas pezas existen. Modelos de pezas de LEGO de Orientación e Modelos de pezas de LEGO de Asesoramento.

Despois da compresión e distinción dos distintos modelos de pezas de LEGO de Orientación e Asesoramento, hai que comezar coa colocación das mesmas e, para iso, será tarefa imprescindible a colaboración, pois un só non é quen de conseguir mover as pezas, colocalas no lugar axeitado e fixalas como se deben fixar, sendo polo tanto necesaria a interrelación entre as persoas que teñen un obxectivo común.

Posteriormente, unha vez que temos quen nos axude a levar a cabo a tarefa de colocación das pezas, colleremos o mapa ou guía, o currículo, no cal se nos estipulan as pezas que temos que empregar, como, cando... e, onde se inclúen as medidas de atención á diversidade.

Ademais de todo o comentado anteriormente, cabe dicir que, para que toda figura quede fixada e, ben fixada, o ideal será que cada unha das pezas que a constitúen estea pegada cun bo elemento fixador que, neste caso, serán os diarios de clase, os cales servirán de enlace e unión entre unha e outra peza.

Así, para concluír, o portafolios será pechado cunha avaliación e cunha conclusión final sobre o traballo construído coas diferentes pezas de LEGO, sendo o fin último global do mesmo a representación da miña propia autoaprendizaxe na materia.

 

1.Introdución

2. Montóns de pezas LEGO: ¿De onde vimos?

3. Peza LEGO base: ¿Que entendemos por asesorar?

4.  Pezas LEGO de cores: Asesoramento & Orientación

5. Modelos de pezas LEGO: Modelos de Orientación e Modelos de Asesoramento.

6. Axuda na colocación das pezas LEGO: Colaboración

7. Manual de Instrucións para a colocación das pezas LEGO: Currículo e Medidas de Atención á Diversidade

8. Autoavaliación e Conclusión

9. Bibliografía e Webgrafía