3. PEZA LEGO BASE: ¿Que entendemos por asesorar?

Unha vez que xa teño as pezas separadas por grupos, teño que decidirme por unha delas, a cal será a peza base da miña construción e, para iso, para a elección da peza clave e base, axudoume moito a mestra, Lourdes Montero, pois foi ela quen nos propuxo, na segunda sesión de clase a cuestión de ¿Que entendemos por asesorar?, onde eu me dei conta de que, a peza que estaba realmente a buscar e que era a base da miña construción era a que levaba o nome de Asesoramento, a partir da cal comezaba a indagación do significado do termo. 

                      

 Primeiramente, en pequenos grupos, fixemos unha recompilación de saberes ao respecto deste concepto para tratar de entender, entre todos, a plenitude do verdadeiro significado da devandita palabra. Logo, xunto coas miñas 3 compañeiras, as cales formamos o grupo de Psicopedagogas en acción! comezamos a traballar na aula para descifrar as cuestións propostas por Lourdes Montero.

1. Identificar escenarios nos que se desenvolvan tarefas de asesoramento (cantos máis diversificados mellor).

Asesor financieiro, asesor xurídico, asesor educativo, asesor de imaxe, asesor de eventos, asesor deportivo, asesor para o ocio, asesor político, asesor tributario, asesor do medio ambiente, asesor laboral, asesor patrimonial, asesor familiar, asesor sanitario, asesor vocacional, asesor empresarial, asesor relixioso, asesor de comunicación, asesor internacional, asesor en mediación de conflictos, asesor matrimonial... e moitos outros que o meu grupo de traballo nunca chegaría a pensar.

2. Que fai un asesor ou asesora? Describir as tarefas desenvolvidas.

Escoita problemas, axuda, apoia, prevén, indaga, facilita solucións, guía, aconsella, resolve dúbidas ou problemas, orienta, avalía...

3. Que entende por asesorar o grupo de traballo? Elaborar unha definición.

Acción na que unha persoa ou grupo de persoas ofrecen coñecementos e consellos sobre un determinado tema a alguén que carece de ditos coñecementos e os precisa. Para levar a cabo dito proceso é necesaria unha recompilación de información, un análise da mesma, un coñecemento por parte do asesor/a de aquela posibilidades ou alternativas que o asesorado/a pode tomar, ou pode optar. unha vez presentadas ditas alternativas ou solucións levarase a cabo un proceso de axuda e consello para tentar lograr que a persoa esesorada toma unha decisión correcta optando polo camiño máis axeitado para a súa forma de vida e que mellor satisfaga as súas necesidades a partir de todos os recursos dos que se poidan dispoñer.

4. Pode falarse da profesión de asesor/a? Que formación se necesita?

Pódese dicir que si que existe a profesión de asesor/a pois, dita profesión é coma calquera outra na que hai un suxeito experto na materia e, polo tanto, especialista no seu traballo para o que ten que estar previamente formado. Neste caso o asesor sería un especialista en dar información, en axudar, en guiar, en aconsellar, en resolver, en orientar...en diferentes ámbitos da vida, tales como o educativo, o laboral, o xurídico, o fiscal, o político...., ás persoas que o demanden. Ademais, en canto a formación, cabe dicir que esta é variable dependendo do tipo de asesor que sexa, por exemplo se é un asesor político terá que ter coñecementos de ciencias políticas e se é un asesor educativo terá que ter coñecementos e estudos de Psicopedagoxía.

¿Qué entendemos por asesorar?

http://stellae.usc.es/red/file/view/39957/prctica-1-que-entendemos-por-asesorar

Despois, na posterior clase, o que fixemos foi traballar cun documento aportado pola mestra onde se recollían as respostas as cuestións propostas por ela na clase anterior de tódolos grupos de traballo. Con dito documento na man, o que tiña que facer cada grupo era analizar as respostas de todos eles a unha cuestión concreta, vendo se a tarefa foi comprendida ou non e de que maneira, observando que é o que hai en común entre as respostas de tódolos grupos e que hai de diferente, analizando que é o que hai e o que non hai nas diversas respostas e, enunciando os autores dos que se fala en cada pregunta, se é que se fala de algún nas respostas aportadas.

Análise en profundidade da tarefa 1

http://stellae.usc.es/red/file/view/40411/anlise-en-profundidade-da-tarefa-1

Logo disto, o meu afán por querer contrastar os contidos abordados a partir das cuestións propostas pola mestra, leváronme a redactar outro novo documento, esta vez de carácter individual e persoal, na que reflexionaba, principalmente, sobre a cuarta das preguntas: ¿Pode falarse da profesión de asesor/a? ¿Que formación se necesita?, cuestión que dou moito que falar na clase e que a min me dou tamén moito que pensar.


Ser asesor/a... ¿é ou non é unha profesión?

Neste traballo, chegaba a mesma conclusión que no traballo grupal, onde afirmaba que, para min, si que existía a profesión de asesor/a e, onde xustificaba dita profesión co enlace a unha páxina web dunha asesora: http://www.nueriarojo.com.

Así, a partir da cuestión inicial ¿Qué entendemos por asesorar?, podo dicir que dei coa peza clave que serve de base para a miña construción pois este termo abarca múltiples definicións:

“El asesoramiento es una intervención en dos sentidos - un proceso de buscar, dar y recibir, ayudar. El asesoramiento se dirige a ayudar a una persona, un grupo, una organización o un sistema más grande para movilizar los recursos internos y externos con objeto de posibilitar su capacidad de resolver problemas y realizar esfuerzos de cambio”  (Lippit y Lippit, 1986)

“Orientar, facilitar, ayudar, mediar, apoyar, colaborar, guiar...Asesorar...Son verbos intransitivos...Las acciones que describen no tienen un objeto directo. En este caso se trata de actividades educativas dirigidas a alguien (profesores, familias, alumnado, educadores, etc); alguien que, a su vez, debe promover actividades de enseñanza aprendizaje en otro. ...Parece haber un consenso en que la actividad de asesoramiento educativo, para ser tal, debe nacer de una actitud de colaboración…” (Monereo y Pozo, 2005:15)

 “El asesoramiento es un servicio indirecto que tiene lugar entre profesionales de estatus similar (simetría-asimetría). Suele ser iniciado por el asesor, quien tiene total libertad para aceptar o rechazar los servicios en cualquier momento. Involucra al asesor/a y al asesorado/a en una relación confidencial y colaborativa que se configura por las siguientes metas para el asesor/a:

-          Ofrecer un punto de vista informado

-          Ayudar a mejorar destrezas de resolución de problemas

-          Ayudar a incrementar la libertad de elección de acción del asesorado

-          Apoyar al asesorado en las elecciones hechas

-          Incrementar la conciencia del asesorado acerca de los recursos válidos para tratar con los problemas persistentes” (Aubrey, 1990:3, adaptado)

“La función del asesoramiento puede definirse como una operación de diagnóstico, identificación de falencias (carencias), en comparación con un modelo e indicación de proyectos de acción” (Fernández, 1997).

As cales comparten certas similitudes e/ou rasgos, que son:

-          Que en todas elas o asesoramento é un servizo indirecto que recae principalmente sobre un profesional (profesorado, traballadores sociais, etc.) que trata con persoas (estudantes, anciáns, enfermos,etc.) e non directamente sobre elas

-          Que se establece un tipo de interacción ou comunicación bidireccional destinado principalmente a axuda

-          Que non se limita soamente a capacidade de elección e decisión do asesorado

-          Que se produce tamén entre profesionais do mesmo status, sen diferenzas de posición ou poder

-          Que o participantes ou receptores do asesoramento poden ser individuos, grupos ou institucións

-          Que se trata de dar unha resposta eficaz a asuntos e problemas “prácticos”

-          Que se traballa sobre a base de acordos negociados entre varias persoas que traballan de maneira colaborativa

-          Que a resolución dos problemas vai acompañada da capacitación do suxeito, grupo de suxeitos ou institución que solicita axuda, para enfrontar con éxito problemas similares, o que coñecemos como adquisición de competencias.

E que aparecen no documento que se mostra a continuación que serve de elemento de fixación da primeira peza da miña construción, de elemento de fixación do Asesoramento, a cal nos da tamén pistas para a elección da próxima peza, pois aparecen as primeiras clasificacións dos Modelos de Orientación e dos Modelos de Asesoramento.

 

Modelos de Orientación e Asesoramento ¿Falamos do mesmo?