4. PEZAS LEGO DE CORES: Asesoramento & Orientación

Agora que xa teño colocada a primeira das pezas, a peza base, teño que comezar coa elección das seguintes pezas pois, non podo escollelas ao azar, senón que teño que reflexionar e pensar na súa elección. As pezas coas que me atopo son as que responden o nome de Asesoramento e as que responden ao nome de Orientación pero, non teño claro cal delas debo empregar porque non sei se son ou non o mesmo e, polo tanto, non sei se me van a encaixar pois, noto que, a pesar de que só difiren na súa cor, teñen matices e particularidades cada unha delas pero, teño que comprobalo.

 

                                                    

Así, tratando de tomar unha decisión sobre se as pezas son iguais ou non, independentemente da súa cor, detéñome para reflexionar, pois non quero que, por unha mala elección, a miña construción se veña a baixo e, polo tanto, póñome a intentar discernir entre o significado de unha e outra peza, entre o significado de orientación e o significado de asesoramento pois, a pesar de que ambos conceptos presentan moito matices comúns, tamén agochan, detrás da súa cor, particularidades, as cales fun indagando a través dos contidos abordados ó respecto nas distintas sesións de clase e das pescudas posteriormente feitas.

Diario da clase do Mércores 16 de outubro

  

Asesoramiento y Orientación: Dos prácticas emparentadas en sus metas más valiosas: Ayuda y apoyo al Sistema Educativo

 

 ORIENTACIÓN

 ASESORAMIENTO

 Origen

 Guidance, counselling

Support (apoyo), adviser (asesor)

 Práctica

 Directa: con estudiantes

Indirecta: con profesores u otros miembros de la comunidad educativa

 Poder

 Asimetría

Horizontabilidad, profesionales con el mismo estatus

 Comunicación

Unidireccional “yo digo, tú haces”

 Bidireccional

Meta

Resolución de problemas “que se acabe el conflicto”

Capacitación asesores/asesorados “la mejora”

 

Despois de ver este cadro e analizalo con respecto ao orixe, á práctica, ao poder, á comunicación e á meta de cada unha das prácticas analizadas, Orientación e Asesoramento, a conclusión a que chego é que a Orientación debe ir atravesada polo Asesoramento, posto que considero que a práctica do asesoramento pode ser quen de reconfigurar a Orientación. Como pode verse, o orixe de ámbalas prácticas é diferente e, polo tanto, cada práctica profesional ten unha historia na que todos contribuímos para a súa evolución e, de aí, que consideremos que ámbalas prácticas son diferentes pero que ao mesmo tempo están en estreita relación debido a que todos participamos delas.

 

Reflexión persoal: Modelos de Orientación & Modelos de Asesoramento ¿Falamos do mesmo?

Finalmente, cheguei a conclusión de que, o asesoramento e a orientación non son o mesmo, a pesar de que poidan ter lazos de parentesco por ser, ámbalas dúas, prácticas de apoio ao sistema educativo e, por ese motivo, o seguinte paso é ver cales son eses rasgos distintivos, reflexionando sobre os diferentes modelos que existen de cada un deses termos ou pezas.