7. MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA A COLOCACIÓN DAS PEZAS LEGO: Currículo e Medidas de Atención a Diversidade

 Posteriormente, unha vez que temos quen nos axude a levar a cabo a tarefa de colocación das pezas, o seguinte para é coller o manual de instrucións que será o que guíe a colocación das nosas pezas ou, no caso do Asesoramento, votaremos man do currículo que será o que guíe as nosas actuacións como profesionais do asesoramento.

                                                            

                                                                         

 

Así, para comezar, o primeiro que fixen foi coller da miña mochila a guía, a cal me irá permitindo ir fixando as pezas que me faltan.

Diario de clase 13 de Novembro.

Este documento comezaba cun "thinking alaud", pensamento en voz alta sobre o que é o currículo e os tipos de currículo que hai:

 

 

Currículum Oficial

- Formal. Está publicado en fontes oficiais

- Manifesto. Di claramente o que hai

- Prescrito. Obriga a facer determinadas cousas

- Explícito. Está escrito, pódese ler, pódese discutir...

 

 

Non hai un único currículum. O currículum oficial é o que prácticamente todos identificamos cando nos falan de currículum e, a través del, transmítense valores, conceptos, habilidades...dun contexto determinado. Non hai un acordo unánime do currículum porque os contextos son moi diferentes.

 Curriculum Nulo

- Excluído

- Ausente

É o currículum que non aparece, non está, ten moitas cousas ausentes. O grupo dos lingüistas é o que máis poder ten socialmente fronte aos mestre de educación física, educación musical...

 Currículum Oculto

- Implícito

- Latente

- Non escrito

É o currículum que temos que ter máis en conta hoxe en día como profesionais da educación. Hai que identificar o que facemos no contexto no que nos atopamos. Implica pensar máis alá do que vemos, do que percibimos...ten moito que ver coa análise do discurso.

 

E, continuaba e finalizaba cos comentarios de tódolos membros da clase sobre as súas opinións ao respecto, comentarios sobre os que eu, posteriormente reflexionei.

Reflexións persoais acerca da sesión de clase do Mércores 13 de Novembro

 Estas reflexións leváronme ao que xa estiveramos falando sesións da materia atrás, á colaboración, tema que volvemos tratar cando comezamos a falar do currículo a través do estudo de casos de Echeita e Rodriguez, os cales me pareceron moi interesantes.

Logo, tamén en relación ao currículo, levamos a cabo unha actividade en grupos que consistía en dar resposta a tres cuestións propostas pola mestra: 

1. Actuacións observadas na relación entre asesores e profesores que poder ser clasificadas como "asesoramento curricular". Explicitar porqué

2. Como poden ser considerados asesores/as curriculares profesionais que non son especialistas nun ámbito curricular?

3. Que saberes sobre o currículo ten (ou deberían ter) os psicopedagogos na súa formación como tales?

 

Técnica das 3 P

http://stellae.usc.es/red/file/view/47788/tcnica-das-3-p

Non obstante, a pesar de toda a información que xa teño sobre o currículo, pareceume interesante seguir coa miña labor de investigación para ter uns coñecementos máis profundos ao respecto.

 

¿Que ideas previas tiña sobre o currículo? ¿Que situacións podo identificar como de currículo oculto?

 

Esta guía da que continuamente estou a falar que me serve para levar a cabo a miña construción fai referencia, como se pode ver, a un dos campos do coñecemento nos que se move o asesoramento, xa que esta práctica está promovida polos aspectos curriculares, é dicir, por aqueles aspectos que teñen que ver coa definición dos propósitos do centro, os estilos de ensinanza aprendizaxe, o currículo oculto, as prácticas de avaliación… así como, con todos aqueles aspectos que teñen que ver coa organización e o desenvolvemento persoal. Así, por ese motivo, é tarefa imprescindible tratar, tanto o currículo como, as actividades do asesoramento curricular nas que se enmarcan as medidas de atención a diversidade, as cales deben seguir unha certa orde para a súa correcta fixación.

                                           

                                                                              

 Para iso, como xa dixen anteriormente, foi de grande axuda a lectura do documento aportado pola mestra de Echeita e Rodríguez, a partir do cal retomei o tema da colaboración onde, ambos autores facían unha reflexión sobre as súas experiencias como asesores nun centro educativo, tema que moito ten que ver co currículo e coa adopción das distintas medidas de Atención á Diversidade, pois está claro que se non hai colaboración entre os membros dunha institución, malamente se van a levar a cabo boas prácticas de atención a diversidade. Así, a partir deste documento, comecei a indagar sobre o que era o estudo de casos, o que era a Atención á Diversidade e, as medidas que se poden levar a cabo, con respecto a isto, a nivel curricular, como eran as Adaptacións Curriculares Significativas, os Programas de Diversificación Curricular e os Programas de Cualificación Profesional Inicial.

Indagando sobre...O estudo de casos de Echeita e Rodríguez, as ACIs e os Programas de Diversificación Curricular

Diario de clase da sesión do Mércores 4 de Decembro

 

Cabe sinalar que, a estas alturas, as pezas están fixadas pero, aínda así, sempre hai cousas que se poden complementar e mellorar e, iso foi o que eu fixen despois de xa ter rematadas as clases de Asesoramento Curricular a Centros e profesores porque, despois do práticum II da Licenciatura de Psicopedagoxía doume tempo a reflexionar sobre o último traballado, é dicir, doume tempo a complementar os meus coñecementos ao respecto de que é a Atención a Diversidade e as medidas que se poden levar a cabo e, que presento nos seguintes documentos.

                      

 

¿Que aprendín durante o Prácticum II sobre as Medidas de Atención á Diversidade?

 

¿Que aprendín durante o Prácticum II sobre as ACIs?

 

Exemplo de ACI para Educación Infantil

  

¿Que aprendín durante o Prácticum II sobre os PDC e os PCPI?

 

E, ademais diso, tamén traballei en profundidade a función do profesor como asesor, pois considero que, un bo mestre, ademais das súas correspondentes tarefas de impartir docencia, tamén debe desenvolver a tarefa ineludible de asesorar a un alumno/a cando este llo pida, pois eles tamén teñen que facer fronte á diversidade que os rodea.

A Función do Profesor como asesor

 

Así, a partir de agora, é cando se pode ver a verdadeira figura construída e, o verdadeiro proceso de adquisición de coñecemento que levei a cabo e que se mostra a través deste fío condutor, para o que empreguei as pezas de LEGO.

Comezaba o traballo reflexionando sobre o pasado e pensando nas pezas de LEGO coas que xogaba de pequena, ao mesmo tempo que pensaba en que outras materias do pasado traballara co termo do Asesoramento.

Seguía, coa búsqueda da primeira das figuras a colocar na miña construción, na búsqueda da peza base, ao tempo que buscaba o significado do termo de Asesoramento e a súa diferenza co termo de Orientación, así como os modelos que existen de cada un deles, como modelos de pezas LEGO que hai nunha gran caixa deste xogo infantil.

Logo, unha vez claras estas pezas de LEGO, o seguinte paso era o proceso de colaboración que se debía de levar a cabo para que a colocación das pezas da figura fose a axeita, ao igual que a importancia da colaboración para que o proceso de ensinanza sexa óptimo e de calidade para os futuros cidadáns que estamos a formar polos cales perseguimos a escola de calidade.

E, remataba, coa presentación  da guía que se debía ter en conta para levar a cabo todo o proceso, o currículo, o cal é marco que sempre nos dirixe nos procesos de ensinanza aprendizaxe e no que cobra importancia a atención a diversidade.

Polo tanto, eses aspectos e outros máis que aparecen ao longo da presentación do presente portafolios, son a materia prima que empreguei para levar a cabo a construcción deste, ao igual que son a materia prima, as pezas de LEGO que empreguei para esta construción final, a cal espero que sexa do agrado de todo lector que se atreva a xogar co xogo do meu portafolios: “Construíndo coñecemento con pezas de LEGO”