8. AUTOAVALIACIÓN E CONCLUSIÓN

8. AUTOAVALIACIÓN E CONCLUSIÓN

Última actualización de en Lucía Pérez Martínez

A miña construción de coñecemento e, ao mesmo tempo, a construción da miña figura final  dou por rematada despois de 4 meses de traballo.

 

                                                    

                                                                         IMAXE 13

 

A consecución disto, non foi tarefa sinxela, pois requiría dun traballo, cando menos, semanal, no que tiña que adicar tempo a ler, a investigar, a elaborar documentos…, co fin de conseguir o obxectivo último que perseguía esta materia: o autoaprendizaxe con respecto ao Asesoramento, algo que creo que, a día de hoxe, logrei levar a cabo de maneira significativa e cunha metodoloxía de traballo, cando menos, diferente a tódalas demais metodoloxías anteriormente traballadas, pois, a pesar de que a creación do portafolios me levou tempo e me requiriu dunha dedicación especial, podo dicir que, xurdiu efecto no proceso de adquisición de coñecementos en min mesma, seguindo para iso, dende o primeiro día, o lema de “learning by doing”, o cal me acompañou durante todo este tempo.

 

                                                           

                                                                               IMAXE 14

Así, ao longo deste cuatrimestre podo afirmar que foron moitos os aprendizaxes adquiridos por medio desta materia, na cal se combinou traballo individual con traballo grupal e, na cal indagamos e investigamos sobre un amplo abano de temas que moito tiñan que ver co Asesoramento aínda que, ata antes de cursar esta materia, non me dese conta do mesmo, tendo presente tamén que, como boa asesora, esta aprendizaxe non se debería quedar aquí, pois aínda hai multitude de pezas de LEGO que seguir colocando, pois a figura do Asesoramento é inmensa e interminable. Polo tanto, é probable que me quedasen atrás unha gran cantidade de campos de actuación relacionados co asesoramento pero, non obstante, considero que o presente portafolios recolle os esenciais, o que xa é un bo paso para que serva de motivación con respecto a seguir investigando ao respecto, ao igual que era para min de motivante, na miña infancia, facer figuras iguais pero cada vez máis grandes, as que abarcasen todo o meu terreo de xogo.